BURELA
ESTA MAÑÁ ESTÁ PROHIBIDO O BAÑO NA PRAIA URBANA DE BURELA E NA DO CABALIÑO, DEBIDO Á PRESENZA DE MEDUSAS NESTES AREAIS.
Burela, 6 de setembro de 2012. Segundo informa a Concellería de Medio Ambiente de Burela na praia da Marosa non hai medusas na mañá de hoxe, en Ril localizóuse algunha entre as algas, pero non na zona de baño e en Penoural non apareceron medusas nesta xornada.
A praia do Cabaliño está chea de medusas ao igual que a metade da praia urbana, de aí que o Concello ordenase a colocación da bandeira vermella prohibíndose o baño nestes dous areais. Desde a Concellería de Medio Ambiente insisten en advertir aos bañistas que si ven medusas non as toquen, debido ás irritacións que pode producir na pel e que fagan caso das indicacións que atoparán nos areais.
Patricia López Eijo que “os bañistas non deben subestimar a situación. Ante a proliferación de medusas é mellor non meterse na auga, tampouco na beira, porque poden existir cachos de tentáculos coa mesma acción urticante”. En caso de ser picados por unha medusa o mellor é lavar a zona con auga mariña e para aliviar a dor o mellor é aplicar frío durante uns 15 minutos e despois haberá que desinfectar a ferida con alcohol iodado dúas ou tres veces ao día durante 48 a 72 horas. Os nenos, persoas maiores ou aqueles que sofren alerxias e que resulten afectados polas medusas poderían necesitar atención especial.
RIBADEO
A PRESENZA DE MEDUSAS NOS AREAIS RIBADENSES OBRIGOU A PROHIBIR DE NOVO O BAÑO ESTA MAÑÁ.
Ribadeo, 6 de setembro de 2012. A presenza de medusas nos areais ribadenses obrigou a prohibir o baño de novo esta mañá. Os bandeiras vermellas están colocadas nas praias de As Catedrais, As Illas/Castros e Esteiro, segundo confirmaba o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. Tamén foron detectadas medusas nas últimas horas nos areais do Cargadeiro e de Rocas Brancas.
O edil nacionalista dixo que “nos últimos días apareceu nas nosas praias unha alta cantidade de medusas. Trátase das chamadas clavel e carabela portuguesa. A primeira ten unha alta toxicidade, é de cor rosado e forma semiesférica, duns 15 centímetros de diámetro e cuns tentáculos bastante longos aproximadamente duns vinte metros, de aí a súa perigosidade”. E seguiu a relatar que “a carabela portuguesa xa a vimos noutras ocasións, ten un flotador cheo de gas, é de cor violáceo transparente e ten unha cresta ou vela que nos serve para detectala a flote, e despois ten uns tentáculos que tamén poden chegar aos 20 metros. O flotador da carabela portuguesa ten uns uns 15 centímetros de largo e 10 de ancho”.
CERVO
O Concello prohibe o baño nas praias cervenses de forma temporal pola chegada masiva de medusas
-A incidencia é desigual segundo os areais. A Caosa é a praia que maior presenza de medusas rexistrou
Cervo, 6 de setembro de 2012-O Concello de Cervo prohibiu o baño nos areais cervenses dende hoxe, e ata novo aviso, despois de detectar unha chegada masiva de medusas a moitas das praias cervenses. Persoal do Servizo de Control de Riscos Ambientais do Departamento Territorial de Sanidade en Lugo estivo hoxe en varios areais do municipio realizando inspeccións oculares para determinar o grao de incidencia, que é alto na praia da Caosa, medio en Cubelas e baixo en Rueta. Aínda así, as restricións no baño afectan a todas as praias do litoral cervense, unha decisión adoptada por precaución, xa que o nivel e o lugar de incidencia pode variar dunhas horas a outras.
Dende a Concellería de Medio Ambiente e Sanidade advirten da importancia de seguir esta prohibición debido aos danos que poden provocar estes animais nas persoas. Cabe ter en conta ademais que incluso mortos estes invertebrados poden afectar á saúde, polo que tamén se recomenda non transitar pola area, e moito menos tocar os exemplares mortos.
A delegada desta área, Begoña Alonso, fixo un chamamento á cidadanía para que siga os consellos do Concello e así evitar que a presenza de medusas teña efectos sobre a saúde de veciños e visitantes. Para iso colocáronse carteis anunciadores desta prohibición, que advirten das restricións tanto escrita como graficamente, en todas as praias do litoral cervense. Ademais, realizáronse avisos a través das redes sociais co obxectivo de que, utilizando varias vías, a información chegase ao máximo número de persoas posible.
O Concello detectara esta mañá a presenza dalgúns exemplares mortos na praia, polo que se puxo en contacto co Departamento Territorial de Sanidade en Lugo para saber se se trataba dunha chegada extraordinaria de medusas, tal e como posteriormente se confirmou.
BARREIROS
Segue habendo medusas en varios areais de Barreiros. Na mañá deste xoves concéntraronse en San Bartolo, Remior e Acantilado. Nestes tres casos recoméndase aos usuarios das praias que non se bañen. O resto dos areais, segundo confirman desde Protección Civil, están limpos e aptos para o seu uso e disfrute.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



