O curso tivo unha duración de 48 horas durante as que achegou a 18 usuarios ao coñecemento para cultivar hortalizas empregando abonos orgánicos, con técnicas de protección e cultivo ecolóxico. Os participantes aprenderon a traballar en equipo, traballando as habilidades sociais e as técnicas pre-laborais e melloraron o seu currículo, o que aumenta as súas posibilidades de inserción socio laboral. Todo iso redunda na melloría terapéutica dos nosos usuarios, a mellora da súa calidade de vida e a súa autoestima.
