Nenos de 4º de primaria do CEIP Vista Alegre baixaron andando desde o colexio ata o Concello. Alí foron recibidos polo alcalde, José Mª González Barcia, e despois a Policía Local de Burela impartíulles unha charla sobre educación vial. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinala que “a semana da mobilidade persegue sensibilizar tanto a responsables políticos como a todos os cidadáns da necesidades de cambiar hábitos de mobilidade co fin de conseguir beneficios ambientais”.
E engadiu que “Burela polas súas caracterísitcas urbanas, presenta un entorno favorable para modificar ditos hábitos de dependencia excesiva do vehículo privado para realizar as actividades diarias de ocio ou traballo. Con esta actividade o que se pretende é concienciar a nenos e pais e retomar hábitos que se foron perdendo co tempo de ir camiñando ao colexio sen necesidade de desprazar os nenos en vehículos a motor”.
