DOUS MOZOS LUCENSES, SOCIOS DA PRODUTORA HACHEDÉ VISUAL, DAN A VOLTA Ao
MUNDO EN 40 DÍAS SEN PAGAR NIN UNHA NOITE DE HOTEL
– Elías Alameda e Diana Casanova, socios da produtora lucense Hachedé Visual, acaban de finalizar
unha gran aventura: dar a volta ao mundo en corenta días sen pagar nin unha soa noite de hotel.
Nova York, Toronto, Chicago, Hawaii, Tokio, Pequín, Ulanbatar, Moscova e San Petersburgo son
algunhas das capitais visitadas.
– Sendo profesionais do audiovisual, non podían viaxar sen unha cámara ao ombreiro coa que gravaron os corenta días de aventura. Con ese material, o equipo humano de Hachedé Visual
teñen o difícil labor de editar un programa de viaxes que busca un oco na grella televisiva.
O que parecía unha idea desatinada converteuse en realidade. O pasado mes de xullo Elías e Diana,
ambos os socios da produtora lucense Hachedé Visual, iniciaban a súa viaxe ao redor do mundo. Os
preparativos comezaban meses antes, coa planificación da ruta e a xestión dos visados pertinentes
para visitar países como Rusia, Mongolia ou China. Meter a roupa e o equipo de gravación (cámara,
micrófono, ordenador e discos duros) en dúas pequenas maletas tamén era parte do reto. E por suposto
buscar aloxamento gratuíto, para o que contactaron con xente de todo o globo terráqueo na
web www.couchsurfing.com, onde millóns de usuarios ofrecen un espazo onde durmir a posibles
“couchsurfers”. Facer surf no sofá dun estraño (de aí o termino couchsurf), é sen dúbida unha forma
fantástica de percorrer o mundo, coñecendo xente, vivindo diferentes vidas e novas culturas.
O primeiro destino desta gran viaxe foi Estados Unidos, alí visitaron Nova York, tras o cal alugaron un
coche en dirección ás Cataratas do Niagara. Desde alí cruzaron a fronteira a Canadá para visitar
Toronto. De novo en Estados Unidos, o seu camiño pasou por Detroit ata chegar a Chicago. Desde alí avión a Hawaii.
Desde Hawaii avión a Tokio. Desde Tokio avión a Pequín. E desde Pequín o transiberiano ata San
Petersburgo, parando en Ulanbatar e Moscova.
Corenta días con corenta noites, durmindo nos sofás de xente hospitalaria como Kevin en Nova
York, Kyle en Hawaii, Kira en Tokio, Sol en Ulanbatar, Natalia en Moscova ou Varvara en San Petersburgo. Iso no mellor dos casos, xa que noutras ocasións era preciso durmir no coche, no tren, ou no confortable chan dun aeroporto.
A viaxe foi moi intenso, xa que os seus protagonistas non paraban máis de dous ou tres días na mesma
cidade. Anécdotas, entrevistas, problemas, experiencias, amigos… Corenta días inesquecibles que son
dignos de compartir. Por iso, os profesionais de Hachedé Visual queren agora darlle forma a eses mil
gigabytes de vídeo gravados para facer doce programas e vendelos a algunha cadea nacional ou
estranxeira. Así que, aínda que a viaxe por fin acabouse, a aventura da Volta ao Mundo en Corenta
días continúa.
Hachedé Visual
Hachedé Visual comeza o seu camiño profesional en xullo de 2008. Os seus promotores, Diana Casanova e Hugo
Fernández, ambos os licenciados en Comuniación Audiovisual, combinan os seus traballos como docentes de Imaxe
e son co seu labor empresarial, que busca como fin último potenciar o audiovisual de calidade na
provincia de Lugo, desenvolvendo proxectos cada vez máis ambiciosos.
Entre os seus últimos traballos destaca a reportaxe ?Camiños Naturais? elaborado para Tragsa e presentado en Fitur
2012, a realización do FIV 2012 (Festival Independente de Vilalba) ou a realización do vídeo
promocional da Festa Normanda de Foz, celebrada en agosto de 2012 e sobre o que traballan nestes
momentos. Ademais, realizan videoclips, documentais, anuncios…