O BNG ACUSA Á XUNTA DE DEIXAR Á MARIÑA SEN 100 MESTRES EN TRES ANOS A PESAR DO INCREMENTO DO ALUMNADO
Ana Ermida denuncia que “o Partido Popular está a sentar as bases para bater o récord de fracaso escolar na comarca”
“A política educativa dos gobernos populares é antipedagóxica, vulnera o dereito á educación de calidade e merma as condicións laborais do profesorado”
A nacionalista Dores Fernández resalta a importancia de reforzar o ensino no medio rural
Foz, 26 de setembro de 2012. As candidatas do Bloque Nacionalista Galego para os comicios do vindeiro 21 de outubro, Ana Ermida e Dores Fernández, xunto co portavoz nacionalista en Foz, Xan Carlos González Basanta, mantiveron un encontro con representantes das asociacións de pais e nais de alumnos da Mariña para valorar o impacto da política da Xunta de Galiza no eido da educación.
Redución de profesorado, aumento de alumnos e alumnas por aula, eliminación de escolas unitarias, diminución de prazas de comedores e suba de taxas, é so unha parte do balance negativo que comparten BNG e ANPAs da Mariña sobre a política educativa do Partido Popular ao fronte do executivo autonómico durante a lexislatura que vén de rematar.
Segundo explicou Ermida “nesta comarca a reordenación educativa da Xunta supuxo 42 mestres e mestras menos durante o curso 2012-2013 con respecto ao anterior curso escolar, o feche de todas as ecolas unitarias, o que afectou a preto de 60 rapaces e rapazas, así como o agrupamento na mesma aula de escolares de entre 3 e 5 anos. Tanto o CEIP Castro de Ouro de Alfoz como o CEIP do Vicedo son claros exemplos da aplicación de todas estas medidas, as cales son totalmente contrarias ás que aconsellan os expertos e os organismos europeos”.
Para a candidata nacionalista “o Partido Popular está a sentar as bases para acadar, en pouco tempo, cifras rércord de fracaso escolar na Mariña. A calidade da educación estase resentindo ao igual que as condicións laborais do profesorado, que ten que impartir materias que nada teñen que ver coa súa especialidade e facelo en varios centros á vez. É inconcebible que, por exemplo, un mestre de educación física do IES da Pontenova teña que dar clase de matemáticas, ou o caso do IES de San Cibrao onde un mestre imparte ciencias sociais e música sen ser especialista. Os recortes da consellería de Educación son subxectivos, antipedagóxicos e minoran o dereito a unha educación pública de calidade.”
Pola súa banda, Dores Fernández, insistiu en que “é preciso priorizar o investimento en educación paran lograr unha sociedade competitiva e, ademais, hai que atender á diversidade, á integración social e actuar de xeito contundente contra o fracaso escolar. O Partido Popular está deteriorando a educación no medio rural e no BNG apostamos por todo o contrario por fomentar as potencialidades do noso rural, o cal non podemos ver como un lastre, senón coma unha oportunidade. Temos que pór en marcha medidas para reactivalo, fixar poboación nas aldeas e para iso o mellor é dotalas de servizos públicos de calidade e de oportunidades de emprego”.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



