Así como para novas inscricións no Rexistro Municipal de Produtor de Faba
![]()
O CONCELLO DE LOURENZÁ TEN ABERTO O PRAZO PARA A RENOVACIÓN DOS CARNÉS DE FABEIRO
Os produtores con Carné de Fabeiro terán un lugar diferenciado para as súas transaccións dentro do mercado municipal que se celebra os domingos a partires do 16 de setembro.
O prazo de renovacións remata o 14 de setembro polas mañás no Concello e as tardes na Biblioteca Municipal
O custe de renovación ou expedición será de 2 €
Lourenzá, 7 de setembro do 2012.- Un ano máis por estas datas o Concello de Lourenzá ten aberto o prazo para renova-lo carné de produtor de FABA, coñecido como CARNE DE FABEIRO DO CONCELLO DE LOURENZÁ, para poder acceder ao recinto, destinado a tal fin, nos habituais mercados de faba a granel dos domingos que se iniciarán o vindeiro día 16, sendo imprescindible que presenten o carné renovado cada domingo para poder acceder ao recinto.
Como en anos anteriores os fabeiros con Carné estarán separados fisicamente dentro do recinto daqueles outros que non o posúan como medida diferenciadora da faba a granel que se vai a vender. Todos os fabeiros con carné están respondendo ante os compradores de que a súa mercancía foi producida na Mariña Lucense, ademais esta medida permítenos en todo momento, ademais de regular as transaccións a granel de faba no mercado municipal estimar a produción potencial de Faba que se produce na Mariña de Lugo e que podía ser certificada a través da IXP Faba de Lourenzá.
É moi importante ter en conta que este carné non interfire para nada coa distinción de I.X.P. Faba de Lourenzá, xa que esta última, non se certifica nas transaccións a granel.
O prazo para inscricións e renovacións xa está aberto e rematará o venres 14 de setembro.
Renovarase polas mañás na oficina da Técnico de Emprego situada na casa consistorial de 9 a 13 horas e polas tardes na Biblioteca Municipal de 17:30 a 20:00 sendo necesario trae-lo antigo carné e, en caso de ter que facelo de novo, deben traer unha fotografía recente así como a copia do DNI.
Por primeira vez este ano o custe de renovación ou expedición será de 2 €, aprobada esta taxa en Pleno dentro das medidas do Plan de Axuste aprobado polo concello






















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



