HOXE DAN COMEZO AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DUN NOVO TREITO DA AVENIDA CALVO-SOTELO. O PRESUPOSTO ASCENDE A 110.000 EUROS E O PRAZO DE EXECUCIÓN SERÁN DUNS DOUS MESES.
Ribadeo, 24 de setembro de 2012. Hoxe dan comezo as obras de humanización dun novo treito da avenida Calvo-Sotelo. O presuposto é de 110.000 euros e o prazo de execución duns dous meses. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que deste xeito se segue a traballar no casco vello de Ribadeo co obxectivo de que sexa atractivo para o turismo.
Suárez Barcia manifestou que “encarando agora a parte final deste ano 2012 estamos iniciando as obras de amaño dun treito da avenida Calvo-Sotelo, continuando as feitas xa hai varios anos, e agora gracias ao convenio do ARI entre a Xunta, o goberno do Estado e o Concello seguiremos humanizando esta rúa nuns 60 metros máis”. O rexedor explicou que “iremos colocando o mesmo material que o empregado no treito inicial xa amañado. Agora soterraremos o cableado do alumeado, da telefonía, tamén iremos substituindo as tuberías que estaban bastante deterioradas: abastecemento de auga, saneamento e separtivo de pluviais e procederemos á eliminación de barreiras arquitectónicas. En Ribadeo nos últimos anos fomos punteiros nesta materia, en facer unha vida máis accesible para a xente que ten dificultades desde o punto de vista da mobilidade. E na liña das últimas rúas nas que estivemos a traballar poñeremos algunha árbore nova nesa zona, manteráse a doble circulación, pero o aparcamento quedará reducido a unha das bandas nada máis porque é imposible poder compatibilizar absolutamente todo. As beirarrúas serán agora máis anchas, porque as actuais non cumpren as normativas actuais de anchura”.
O alcalde de Ribadeo indicou que “é unha liña na que seguimos a traballar no casco vello de Ribadeo e este vial forma parte do conxunto histórico de Ribadeo. Son actuacións nas que seguimos a traballar xunto a outras administracións, agora en menor medida que en anos anteriores pola cuestión presupostaria, pero indica da tenacidade e da intención de converter o casco vello de Ribadeo nun lugar atractivo para o turismo, nun lugar atractivo para a visita e para iso o temos que ter en perfecto estado de revista, cos espazos públicos modernos, actualizados e aptos para a xente poida disfrutalos tamén desde o punto de vista comercial”.
Fernando Suárez pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar ao longo das vindeiras semanas, “faremos ruido, andaremos coa piqueta, pero despois o treito que se vai amañar dará gusto velo”. O investimento que se vai realizar ascende a 110.000 euros.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



