O firme compromiso do actual Goberno galego permitiu facer realidade a posta en marcha deste servizo público que o bipartito non foi quen de impulsar durante a lexislatura na que gobernaron en Xunta e Deputación
Balseiro asegura que o PP no goberno da Xunta permitiu desbloquear a posta en marcha dos parques de bombeiros e corrixir unha carencia histórica en materia de emerxencias na Mariña
O deputado popular valora o esforzo desenvolvido pola Xunta que achega 9,5 millóns de euros e involucra a máis de 120 traballadores que garanten o funcionamento dun servizo profesional e moderno dotado con infraestruturas e medios materiais axeitados para atender, con rapidez de resposta e eficiencia, continxencias de toda índole.
Mariña lucense, 26 de setembro de 2012.- O deputado autonómico e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, dixo que o acceso do Partido Popular ao Goberno da Xunta foi decisivo á hora de desbloquear a posta en marcha dos parques de bombeiros na Mariña lucense.
“Foi o Executivo autonómico que preside Alberto Núñez Feijóo quen deu un paso ao fronte na creación deste importante servizo que e corrixir unha carencia histórica en materia de emerxencias na Mariña”-dixo Balseiro Orol.
INACCIÓN DO BIPARTITO
O candidato popular lembrou que a acción da Xunta permitiu acelerar a apertura dos parques de bombeiros, máis en concreto, os situados na localidade de Viveiro e Barreiros e facer realidade así un servizo público que o bipartito non foi quen de impulsar durante a lexislatura na que gobernaron de xeito conxunto na Xunta e Deputación. Dáse a circunstancia polo tanto de que socialistas e nacionalistas, foron incapaces de levar adiante os parques de bombeiros, feito que si conseguiu o PP na Xunta promovendo os investimentos e obras necesarias a través do consorcio provincial que xestionan ao 50% coa Deputación de Lugo.
MÁIS DE 9,5 MILLÓNS DE EUROS EN INVESTIMENTOS
O deputado popular valora o esforzo desenvolvido pola Xunta no conxunto da provincia que achega 9,5 millóns de euros e involucra a máis de 120 traballadores que garanten o funcionamento dun servizo profesional e moderno dotado con infraestruturas e medios materiais axeitados para atender, con rapidez de resposta e eficiencia, continxencias de toda índole.
Só a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten achegado nos últimos catro anos 1,7M€ en Viveiro no parque comarcal de bombeiros e 1,3M€ máis no Barreiros no parque comarcal de bombeiros.















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



