O Alcalde de Ribadeo foi informado persoalmente dos termos do convenio para a construcción dunha nova escola infantil no seu Concello
O rexedor local fala de “fraude na letra pequena” cando mantivo unha entrevista ao respecto co xerente do Consorcio
O convenio co Ministerio ao que se refire o alcalde recolle a aportación global do Goberno Central, permitindo cofinanciación das administracións autonómica e local
Ribadeo, 13 de setembro de 2012.- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, foi informado persoalmente polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, dos termos da construción dunha nova escola infantil no seu concello. Polo tanto, é sorprendente que fale de “fraude na letra pequena” da resolución publicada hoxe no DOG cando el xa fora informado.
Non é certo que no convenio asinado co Ministerio se estableza que Xunta e Estado poñen “a partes iguais as cantidades”. O convenio recolle únicamente una determinada aportación económica por parte do Goberno central e non establece ningún requisito nin ningún impedimento para a cofinanciación por parte das administracións autonómica ou local. É máis, esa cofinanciación é imprescindible para acadar o investimento necesario para a construción dos devanditos centros infantís.
Respecto á data de publicación, a encomenda recollida hoxe no DOG non é máis que un trámite interno da Consellería de Traballo e Benestar destinado a que o Consorcio poida comezar coas actuacións conducentes á licitación dunhas obras que, por outra banda, xa foran anunciadas na súa meirande parte. De feito, cabe recordarlle ao alcalde de Ribadeo que o pasado 6 de febreiro esta escola infantil xa figuraba no convenio de Educa que foi publicado no BOE e lembrarlle, tamén, que as achegas municipais non son novas na xestión destes convenios.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



