Os populares aseguran que os programas postos en marcha para tal fin polo actual Goberno galego están a ter os seus froitos positivos grazas á implicación da comunidade educativa: estudantes, país e profesorado
O PP salienta o reforzo dos centros educativos da Mariña nesta lexislatura grazas á potenciación das novas tecnoloxías e á ampliación da rede de centros plurilingües
Ata 12 centros educativos da nosa comarca participan no proxecto Abalar co que a Xunta aposta polas aulas dixitais e a plena integración da rede internet no proceso educativo.
Cinco centros plurilingües da Mariña avanzan na europeización do ensino e no reforzo da aprendizaxe de linguas estranxeiras esencias na formación dos profesionais do futuro.
A Mariña lucense, 29 de setembro de 2012.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular e número tres da candidatura do PP na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, salientou que a lexislatura que remata serviu para reforzar a calidade e servizos dos centros educativos da Mariña lucense grazas á potenciación das novas tecnoloxías e a ampliación da rede de centros plurilingües.
NOVAS TECNOLOXÍAS
De feito, Balseiro explicou que ata 12 centros educativos -colexios e institutos- da nosa comarca participan no coñecido como programa Abalar, co que o actual Goberno galego aposta pola dixitalización das aulas e, en consecuencia, pola plena integración das novas tecnoloxías da comunicación e información (TIC), a través da rede internet, nas distintas etapas dos colexios educativos.
En concreto, forman parte do proxecto Abalar da Xunta o IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela, o CPR Nuestra Señora del Pilar, IES de Foz, o IES Illa de Sarón de Xove, o IES San Rosendo (Mondoñedo), o instituto Marqués de Sargadelos de Cervo, o CEIP do Vicedo e os colexios Santa Rita, IES María Sarmiento, CEP Luís Tobíoe e IES Vilar Ponte, estos últimos en Viveiro.
PLURILÍNGÜISMO
Por outra banda o actual Goberno galego traballou nos últimos anos por fornecer os recursos necesarios para garantir a creación de programas de reforzo de aprendizaxe de linguas estranxeiras, ao entender este obxectivo como fundamental de cara á formación dos profesionais do futuro. Neste ámbito ata cinco centros educativos da comarca sumáronse ao proxecto de colexios e institutos plurilingües, en concreto, os sitos nas localidades de Burela, Foz, Viveiro e A Pontenova.
Os populares destacan que co fomento e o estímulo da aprendizaxe de linguas estranxeiras, preténdese dar un paso máis cara á europeización dos nosos centros educativos, nos que se incrementa a presenza da lingua estranxeira como lingua vehicular ata alcanzar, como máximo, un terzo do horario lectivo.
CONTRATOS PROGRAMA
Finalmente a maioría dos centros de ensino da Mariña dispoñen dos denominados contrato-programa que implican o desenvolvemento de programas de reforzo, orientación e apoio; e mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Estas actuacións a prol da mellora da calidade educativa beneficiaron o pasado curso a preto de 500 estudantes destes centros que contaron con novos profesionais que desenvolveron labores de docencia, titoría e coordinación
APOIO EXEMPLAR DA COMUNIDADE EDUCATIVA
Desde o PP agradecen e subliñan a necesidade de unir as forzas de todos os membros da comunidade escolar para avanzar na mellora do ensino na comarca, lembrando que os programas postos en marcha para tal fin pola Administración educativa están a ter os seus froitos positivos grazas á implicación dos colexios e institutos mariñáns. Sinalan ademais que fronte a crispación das forzas da oposición e colectivos afíns que pretenden introducir a política das aulas, o inicio do curso, que tivo lugar nas pasadas datas, puido desenvolverse con total normalidade o que amosa unha sociedade comprometida na mellora do sistema educativo, e nos programas que impulsa o goberno galego.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



