Os Infantís do CD.Foz, estrearon o seu casilleiro de puntos coa primeira vitoria na Liga Galega, e foi por goleada, xa que derrotaron o Ural da Coruña, por un rotundo 5-0.Antón con tres goles e Toni, que debutaba con dous foron os artífices da goleada.Despois da contundente derrota dos de Burunda, na primeira xornada por 8-1 ante o Vitoria, poucos crían xa nos rapaces, que demostraron que teñen equipo suficiente para manter a categoría e a medida que pasen as xornadas irase asentando aínda máis na Liga Galega. Parabens para o mister e para os chavales que fixeron un gran encontro.Pola súa parte os Cadetes, xogaron o sábado no campo das Valgas de S.Miguel un triangular, ante o Iberia e o Burela, empatando ambos encontros, a un gol ante os locais , e a dous goles fronte o Burela.O xogo non agradou, como se esperaba por parte do mister focego Oke, pero seguro que cando comence a liga aló para o sete de Octubro mellorará.Os tres goles foron marcados por Gonzalo .Confiamos nos rapaces, e sempre Aupa Foz Aupa.
FOTO:Antón marcou 3 goles na victoria do C.D.Foz ante Ural.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
