Hoxe está permitido o baño con normalidade nas praias de Barreiros, Burela e Ribadeo, despois duns días de prohibicións e recomendacións tras a praga de medusas que chegou á costa. Esta mañá os areais apareceron limpos e non se detectou a súa presencia. O bo tempo reinante estes días na Mariña fai que aínda sexan moitas as persoas que están a prolongar a tempada estival nas praias luguesas.
Permitido o baño nas praias de Barreiros, Burela e Ribadeo tras a praga de medusas