RIBADEO RECIBE UN DOS PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA QUE CONCEDE AGAXEDE. VICENTE CASTRO DI QUE ESTE RECOÑECEMENTO AVALA O TRABALLO REALIZADO AO LONGO DOS ÚLTIMOS ANOS DESDE O CONCELLO.
Ribadeo, 27 de setembro de 2012. Ribadeo recibe un dos premios Galicia á xestión deportiva que concede a Asociación Galega de Xestores Deportivos “pola inversión feita na rede de infraestructuras para a práctica do deporte, que se traduce na posta en marcha de 17 modalidades de escolas deportivas e contar cun 65% de inscricións de nenos entre 5 e 14 anos”, segundo se recolle na acta do xurado. O edil de Deportes, Vicente Castro, agradece o premio e faino extensivo ao técnico municipal de Deportes, aos clubes deportivos do concello, á Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e a todos os que practican deporte en Ribadeo.
O concelleiro nacionalista agradeceulle á Asociación Galega de Xestores Deportivos este recoñecemento, “este premio ven avalar o traballo realizado ao longo destes anos desde o Concello de Ribadeo en materia deportiva. Supón un recoñecemento ao esforzo institucional e persoal para promover a práctica deportiva tanto na mellora e construcción de instalacións deportivas como na estructuración do deporte en Ribadeo, refírome ao apoio ao deporte base como pilar da política deportiva do Concello e que se concreta nas escolas deportivas municipais, sen deixar de mencionar o apoio ao deporte feminino e aos deportes tradicionais”.
Vicente Castro fixo extensivo este premio “a Iván, o técnico coordinador do deporte en Ribadeo, a todos os clubes sen os que non sería posible o deporte en Ribadeo, aos pais e nais como activos colaboradores, a outras institucións e en especial á Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e a todos aqueles que practican deporte en Ribadeo. A todos moitas grazas”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
