Unha decena de pescadores participaron onte domingo no campionato provincial de embarcación fondeada que tivo lugar en Ribadeo. Os cinco primeiros clasificados foron: Ramón Pérez do RCNR, Juan Méndez Oseira, Juan García López, Ramón Oliveros e Julio Villadonga. Este último obtivo o premio ao peixe maior capturado. Os catro primeiros representarán a Lugo no campionato autonómico de embarcación fondeada que se celebrará o vindeiro 21 de outubro en Camariñas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



