Seis usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña comezan unha estancia de 4 días na casa de turismo rural, que Feafes ten en A Guarda. Esta estancia enmárcase dentro do programa de Respiro Familiar e os usuarios estarán acompañados, en todo momento, por un monitor e a directora técnica xeral, Mª José Nóvoa. É unha oportunidade para favorecer a convivencia e socialización, á vez que as familias dispoñen duns días de relaxación nos que renovar o clima familiar.
Usuarios da asociación A Mariña coñecen Portugal

Usuarios da asociación A Mariña coñecen Portugal
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia