A CIG insiste que debe de continuarse coas mobilizacións por non haber garantía para a continuidade de Alcoa
A día de hoxe non temos ningún compromiso que non sexa de palabra, pese a que a
Dirección manifesta que se salvou un escollo importante. Á pregunta da CIG de si o
acordado é suficiente para garantir a continuidade das fábricas, o director de San Cibrao
manifestou contundente que non, emprazando a solución definitiva para despois das
eleccións. “A nos para algo tan público e simple como un permiso de paternidade a
dirección pídenos un xustificante, sen embargo queren que fagamos un acto de fe con algo
que afecta a miles de persoas”
A CIG tamén manifesta o seu descontento polo feito de ser excluída da reunión
informativa que se celebrará mañá en Madrid e á que si asistirán os presidentes dos Comités
pertencentes a CC.OO e UGT.
É responsabilidade tanto da Xunta como do ministro de Industria conseguir garantías de
continuidade das factorías e dos postos de traballo, polo que consideramos se cabe máis urxente
que antes continuar e intensificar as mobilizacións pois logo do día da xornada electoral a
posibilidade de conseguir resultados será moito menor