VEIGA DENUNCIA QUE OS ORZAMENTOS DO ESTADO DECRETAN A MORTE DA LEI DE DEPENDENCIA
Fronte ao desmantelamento dos servizos sociais promovido polos gobernos do Partido Popular, a Vicepresidencia da Deputación asina convenios con colectivos en risco de exclusión para garantir os seus dereitos
O vicepresidente da institución provincial denuncia que a Xunta de Galiza leva máis dun ano sen recoñecer a ningún dependente
“O eixo central das políticas do Partido Popular é recortar dereitos a todos os cidadáns excepto ás grandes fortunas”
Lugo, 8 de outubro de 2012. “Os orzamentos do Goberno de Mariano Rajoy para 2013 decretan a morte da Lei da Dependencia”, así de contundente se amosou o vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, celebrada hoxe, na que contrapuxo o compromiso do goberno provincial en materia de servizos sociais co da Xunta de Galiza e o Executivo estatal.
Antonio Veiga recordou que en Galiza existen 25.000 persoas que teñen recoñecida a dependencia pero que non perciben ningún servizo nin axuda económica por parte da Xunta de Galiza, agás os facilitados polos concellos no marco do Servizo de Axuda no Fogar. “O problema é que esta cifra incrementarase nos vindeiros meses co recorte de máis de 300 millóns de euros que establecen os orzamentos xerais do Estado para 2013 o que, ao mesmo tempo, agravará a situación de moitas familias”.
“Continúan deste xeito –puntualizou o delegado provincial de Benestar- os ataques do Partido Popular aos dependentes; ataques que se iniciaron coa reforma da Lei da Dependencia que obriga aos dependentes a pagar entre o 74 por cento e o 92 por cento do servizo que reciben e coa supresión da cotización á Seguridade Social para os familiares coidadores. É intolerábel que os dependentes con ingresos inferiores aos 600 euros, que son a maioría, teñan que asumir unha porcentaxe tan elevada do custo do servizo. A fin de todos os gobernos do Partido Popular é asfixiar aos traballadores e traballadoras e mermar a calidade de vida de colectivos que precisan dunha especial atención”.
Para Veiga non é casual que a Xunta de Galiza anunciara estes días, xusto en período electoral, que o recoñecemento da dependencia farase en seis meses. “Trátase dunha nova promesa do Partido Popular que, se gaña, volverá a incumprir porque leva máis dun ano e oito meses sen recoñecer a dependencia aos galegos e galegas afectadas”.
Fronte a falla de compromiso e o recorte de dereitos ás persoas dependentes e aos seus familiares, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo segue apostando de xeito decidido polos servizos sociais. Neste senso, o vicepresidente da institución provincial deu conta da sinatura de varios convenios con colectivos sociais por importe de 45.000 euros cos que se apoia o funcionamento de programas especiais para promover, fomentar e garantir a inclusión social, así como mellorar a calidade de vida dos colectivos menos favorecidos. Dous deses convenios asináronse co colectivo ALIAD ULTREIA (Asociación Luguesa de Información e Axuda ao Drogodependente) para sufragar os programas DONAS e PREPARADOS, LISTOS XA!, un terceiro coa entidade APNED (Asociación de Pais e Nais de Nenos con Discapacidade da Mariña de Lugo) por valor de 13.000 euros, grazas ao que a asociación poderá seguir prestando o servizo ambulatorio, e un cuarto convenio para mellorar e reforzar as habilidades laborais das persoas con enfermidade mental asinado con ALUME (Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais) por 12.000 euros para o desenvolvemento do Obradoiro de formación prelaboral para persoas con enfermidade mental.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



