VICEPRESIDENCIA SÚMASE ÁS REIVINDICACIÓNS QUE SOLICITAN UN MAIOR PESO DE LUGO NO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA AUTORIDADE PORTURARIA
Aprobado un convenio de colaboración entre a área de Cultura e a UNED de Lugo para a elaboración de material audiovisual para persoas con capacidades diferentes
Outeiro contrapón as políticas de recorte da Xunta, que favorecen a exclusión de persoas con discapacidade, coas iniciativas nas que colabora a Deputación e que favorecen a súa inclusión social e laboral
Lugo, 26 de outubro de 2012. A Vicepresidencia da Deputación sumouse hoxe ás voces que reclaman unha Autoridade Portuaria para Lugo e chaman a atención sobre as desvantaxes que iso supón, principalmente, para a comarca da Mariña.
Na rolda de prensa celebrada trala Xunta de Goberno, o delegado de Cultura e Turismo e portavoz nacionalista na institución provincial, Mario Outeiro, lamentou que “Lugo sexa a única provincia marítima de todo o Estado que carece de Autoridade Portuaria propia, o que provoca que todo o diñeiro que xera San Cibrao polo cobro de taxas e canons do porto non reverta na economía da comarca. Algo insólito cando o porto de San Cibrao xera ao redor do 40 por cento da cota total de negocio da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao”.
“Hai xustamente un ano –recordou o delegado- a Xunta de Goberno da Deputación aprobaba un acordo para instar á consellería de Pesca a modificar a composición do Consello de Administración de dita Autoridade Portuaria co fin de aumentar a presenza lucense e equilibrar a súa composición en función da aportación que, en concepto de taxas, fai cada un dos portos, pero o Goberno galego segue sen pronunciarse ao respecto e, mentres tanto, Lugo continúa recibindo un trato discriminatorio”.
Mario Outeiro insistiu na importancia de que o Goberno galego solicite a transferencia das competencias de portos de interese xeral do Estado para fortalecer a competitividade das empresas da Mariña, que teñen que empregar portos de fora da provincia ou incluso de fora da comunidade. “O sector forestal leva tempo reclamando a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Alcoa para que a distribución da madeira extraída dos montes non teña que facerse dende o porto de Xixón. Empregar o dique norte de Alcoa permitiría incrementar o prezo da madeira o que repercutiría directamente nos produtores da Mariña e contribuiría a xerar novos postos de traballo. Acontece o mesmo co sector pesqueiro; poder contar co dique norte da alumieira melloraría a competitividade do sector ao evitar que a exportación dos produtos manufacturados teña que facerse dende A Coruña. En definitiva, ter as competencias en materia de portos de interese xeral do Estado axudaría a pór en valor e empregar todas as potencialidades da comarca para fortalecer o tecido produtivo, peza imprescindíbel para saír da crise que padecemos e que está a ser especialmente agresiva cos traballadores e traballadoras e coas pequenas e medianas empresas, que son a maioría”.
Convenio coa UNED
A Xunta de Goberno aprobou un convenio de colaboración entre a área de Cultura e Turismo e a UNED de Lugo para o deseño de videoclases e recursos multimedia accesibles a persoas con capacidades diferentes, por valor de 25.000 euros.
O delegado de Cultura da Deputación sinalou que “o acceso á tecnoloxía dos sistemas de información é vital para as persoas con discapacidade xa que aportan dimensións até agora inalcanzables para este colectivo ao axudar a suplir gran parte das súas carencias e potenciar as súas capacidades, ademais de mellorar a autonomía e independencia”.
Outeiro rematou a súa intervención contrapoñendo esta iniciativa coa política de recortes do Partido Popular que asegurou “potencia o risco de exclusión deste colectivo. Os recortes en dependencia, sanidade e educación merman a capacidade económica dos discapacitados e das súas familias limitando a súa integración social e laboral e, polo tanto, diminuíndo a súa calidade de vida”.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



