A Casa da Xuventude de Burela acollerá mañá, mércores, un curso de Primeiros Auxilios, baixo a organización da SD Burela, AFD Porto de Burela e o CD Burela FS. O facultativo Francisco Javier Couce será o encargado de informar e aconsellar sobre a atención ou coidado inmediato que se debe proporcionar a unha vítima de accidente ou enfermidade repentina, ata que se poida contar cos servizos médicos. O curso dará comezo ás 20.30 horas e estará aberto a todo o público interesado.
Curso de Primeiros Auxilios, baixo a organización da SD Burela
Curso de Primeiros Auxilios, baixo a organización da SD Burela
Relacionado
-
Este sábado celebrouse en Cervo un Curso internacional de Artes Marciais tradicionais xaponesas da liña Yoseikan, a cargo dos Mestres Edgar Kruyning e Jan janssens, sendo dos maiores expoñentes a nivel mundial
-
A décimo segunda edición da Festa do Percebe de Xove terá lugar o sábado, 19 de xullo, na praza do Centro Cívico
-
Os pequenos e pequenas de Cervo Concilia puxeron a súa imaxinación a traballar e elaboraron orixinais máscaras de buceo usando material de refugallo