ERMIDA DENUNCIA QUE O GOBERNO DE FEIJÓO PASARÁ Á HISTORIA DE GALIZA POR SITUAR A TAXA DE DESEMPREGADOS EN MÁXIMOS HISTÓRICOS
Dende a chegada do Partido Popular á Xunta o número de parados incrementouse un 51,53 por cento en Cervo, en máis dun 35 por cento na Mariña e un 72 por cento en todo o país
“As políticas dos executivos populares son asfixiantes para os traballadoras e traballadoras, crean máis paro, máis pobreza e recortan dereitos”
O BNG comprométese a reducir a temporalidade, a crear emprego estábel e a restaurar os dereitos laborais
Cervo, 4 de outubro de 2012. A candidata número tres do Bloque Nacionalista Galego por Lugo, Ana Ermida, participou, esta mañá, nun novo acto da campaña ‘Futuro para A Mariña’ no que denunciou as ‘nefastas’ consecuencias das reformas do Partido Popular que están a provocar un “incremento exponencial do número de desempregados”.
Durante o encontro con veciños e veciñas de San Cibrao, Ermida explicou que “na etapa do Goberno de Feijóo superouse, por primeira vez na historia deste país, o 20 por cento de paro. Pero non só houbo un incremento significativo de desempregados senón que esta tendencia alcista é aínda máis desfavorábel en Galiza que no conxunto do Estado. Núñez Feijóo, como presidente en funcións e candidato á reelección polo Partido Popular, debería explicar os motivos polos que, trala súa promesa de 2009 de rematar co desemprego e a crise en 45 días, a taxa de paro incrementouse até un 72 por cento en todo o país e un 51,53 por cento en Cervo. Na comarca da Mariña, dito incremento superou o 35 por cento chegando até preto de 5.000 parados, cifra que pode aumentar drasticamente se non se soluciona o problema da tarifa eléctrica de Alcoa”.
A candidata nacionalista tamén chamou a atención sobre as consecuencias da reforma laboral aprobada hai seis meses polo Goberno de Rajoy; “tempo no que non houbo ningún indicador económico ou social positivo: reduciuse o número de contratacións, aumentou o desemprego, os salarios baixaron, a flexibilidade laboral e os convenios colectivos practicamente desapareceron. Na provincia de Lugo, dende marzo, os contratos temporais ascenderon un 51 por cento, o que redunda aínda máis na precariedade laboral dos traballadores e traballadoras. A reforma laboral de Rajoy só pode tildarse de auténtico fracaso”.
“O Partido Popular –continuou Ermida- pasará á historia por marcar un antes e un despois na perda de dereitos dos asalariados e asalariadas. Os dirixentes populares gobernan para os mercados esquecendo que son representantes do pobo e non da elite económica e financieina. Controlar as variables macroeconómicas é importante pero aínda o é máis a económica familiar.
Fronte as políticas asfixiantes para os traballadores e traballadoras, que crean desemprego, pobreza e perda de dereitos, o BNG preséntase como “dique contra as políticas de recorte dos populares, obsesionados polo déficit cero”.
Neste senso, a número tres dos nacionalistas por Lugo resaltou catro dos obxectivos da súa formación: a restauración dos dereitos laborais, a creación de emprego estábel en condicións salariais dignas, a redución da taxa de temporalidade tanto no sector público como no privado e a consecución dun marco galego de relacións laborais, que propicie que estas sexas máis xutas.
Futuro de Alcoa
Ana Ermida insistiu sobre as dúbidas e a incertidume que xerou a visita do ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, á factoría de Alcoa. “Xa noutros momentos dirixentes populares trasladaron compromisos semellantes. O 21 de xuño comprometéronse a dar unha solución en agosto, solución que nunca chegou. Agora, o ministro Soria volve a xogar ao mesmo, a comprometerse e a non ofrecer ningunha solución concreta. O único que buscar o Partido Popular e salvar a data das eleccións galegas e eludir responsabilidades no caso de que a alumieira decida pechar”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



