O ALCALDE E OUTROS MEMBROS DO EQUIPO DE GOBERNO VISITARON OS IES PERDOURO E MONTE CASTELO PARA COÑECER DE PRETO AS SÚAS NECESIDADES E PARA ESTABLECER CANLES DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E OS CENTROS.
Burela, 11 de outubro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, e os concelleiros de Educación, Obras e Deportes, Manuel Fernández, Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro, visitaron este mediodía os IES Perdouro e Monte Castelo para coñecer de preto as súas necesidades e inquedanzas e as canles de colaboración que se poden establecer entre Concello e centros, “xa que a educación secundaria non é competencia municipal”.
O rexedor dixo que “ao igual que fixemos hai uns quince días cos dous CEIP de Burela, hoxe visitamos os IES da vila para cal é a situación dos centros agora mesmo, cales son as súas necesidades e en qué medida o Concello pode colaborar cos institutos, porque convén lembrar que o Concello non ten competencias en materia de ensino secundario, ditas competencias son exclusivas da Xunta”. Para González Barcia “eso non quita que desde o Concello se poidan establecer canles de colaboración cos dous centros”.
O alcalde adiantou que “no IES Perdouro nós seguimos coa idea de traballar na consecución de que se cubra a pista polideportiva que hai pola parte de atrás. É unha vella ambición do instituto e creo que nós estamos capacitados para empezar a xestionar esta obra. Sabemos que a situación non é doada, pero pódese buscar algunha alternativa para que esta obra dentro dun tempo poida ser unha realidade”.
Sobre o IES Monte Castelo González Barcia contou que “estivemos a ver as obras que se fixeron para adaptar a antiga vivenda do conserxe coma biblioteca. Teño que lembrar que este centro tivo unha axuda da Xunta en boa medida xestionada desde o propio equipo de goberno do Concello de Burela. A concelleira de Educación, Mónica Pedre, e eu mesmo mantivemos unha entrevista hai un ano aproximadamente co conselleiro Jesús Vázquez. Alí lle plantexamos esta posibilidade e cumpriu. A Xunta aportou cartos para que esa adaptación se puidese levar adiante”.
O rexedor tamén se referiu ao pavillón dos institutos, que comparten os dous IES, “aí chegamos recentemente a un acordo para levar a cabo de forma conxunta entre os centros e o Concello as labores de mantemento e de subministro de combustible para a calefacción. Se trata de buscar canles de colaboración entre os dous institutos e o Concello, aínda sabendo que non temos competencia nesta materia”.
Escola Oficial de Idiomas
O alcalde de Burela destacou coma moi importante a posta en marcha este curso dunha sección da Escola Oficial de Idiomas que está a funcionar no IES Monte Castelo. González Barcia dixo ser consciente “porque así se me fixo chegar que máis demanda que oferta. Hai moitísima xente que quere aprender idiomas e polo tanto xa adianto que lle fixemos saber á Xunta esta cuestión. A ver si de cara a vindeiros cursos se puidera ampliar a oferta educativa da sección da Escola de Idiomas de Burela, con máis cursos, máis idiomas e incrementado a oferta de prazas”. José Mª González Barcia explicou que “no seu día a concelleira de Educación mais eu transmitímoslle ao conselleiro Jesús Vázquez a necesidade de que Burela contase cunha sección da Escola Oficial de Idiomas. O conselleiro estudiou a petición e a Xunta cumpriu. Agardamos que para o curso que ven, o 2013/14 poida ampliarse dita oferta educativa”.
O rexedor lembrou que “as coidadoras dos comedores escolares dos dous CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme están sufragadas un ano máis ao cen por cen polo Concello de Burela. Éste é un dos casos, por non decir o único, que existen en toda Galicia no que un Concello asume o coidado dos alumnos que usan os comedores escolares”.
González Barcia subliñou “a implicación que ten o Concello de Burela na organización de actividades para facer posible que os centros estean abertos polas tardes e que así se concilie da mellor forma posible a vida laboral coa familiar. Con cargo as presupostos municipais do Concello de Burela se imparten nos dous CEIP as actividades da Aula Medio Ambiental Gaia, que depende exclusivamente do Concello. Se imparten actividades de tipo lúdico deportivo por parte do monitor de deportes do Concello e os custes que orixinan os cursos de natación aos que acuden alumnos dos dous CEIP tamén son asumidos ao cen por cen polas arcas municipais”.
Para o alcalde queda sobradamente demostrada “a implicación actual do equipo de goberno co ensino. E senon podemos facer máis é porque a situación económica non o permite, é certo que nós tanto na nosa etapa anterior coma na actual estamos a demostrar ese compromiso de manter servizos sociais de carácter básico sexan vinculados coa sanidade, co ensino … ese compromiso existe e é real, non que estea no papel, senón que se plasma na realidade e eso o saben os directores dos centros, os claustros de profesores e os pais e nais de alumnos do concello de Burela”.