Nota informativa da Plataforma da Comarca de Mondoñedo Unida outubro-2012.
Despois da Asemblea e da reunión do equipo de traballo da Plataforma celebradas os días 4 e 10 de outubro acordouse o seguinte:
1º/
Xestionar entrevistas cos representantes das Institucións e dos Partidos Políticos cos seguintes obxectivos:
A) Reivindicar a continuidade do Partido Xudicial de Mondoñedo.
B) Reivindicar e facilitar a implantación de Industrias Agrícolas e Forestais que están en proxecto.
C) Traballar a prol dun Plan de Desenvolvemento Turístico na Comarca: para a potenciación do patrimonio histórico-artístico, natural, artesanal e paisaxístico, subliñando a importancia da Catedral, do Seminario Conciliar e do Mosteiros e seus museos, da Cova do Rei Cintolo, da Xudería e o Barrio Artesán dos Muíños, das rutas do Camiño Norte de Santiago, dos Albergues de peregrinos e do Centro de Interpretación do Camiño, dos Centros de interpretación da Faba de Lourenzá e da Alcántara de Mondoñedo, dedicado aos ilustres músicos e escritores, etc. E para a posta en valor das fontes medicinais de augas sulfurosas e ferruxinosas, a recuperación de elementos etnográficos: antigas fábricas de electricidade, muíños, mazos, etc. E a potenciación dos obradoiros artesanais.
D) Solicitar a Colaboración e Coordinación Institucional e Económica dos Concellos da Comarca de Mondoñedo nos ámbitos: Industriais, Turísticos, Culturais, Deportivos, Musicais… co criterio de do funcionamento conxunto para optimizar os recursos e de aumentar a poboación usuaria que permita a sostenibilidade económica dos mesmos.
2º/
Convocar unha Reunión para o Venres 26 de outubro as 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coas:
Comunidades Veciñais de Propietarios de Montes de Estelo-Tronceda, Figueiras, Viloalle, Sta Mª Maior, Argomoso e A Cazolga.
Asociacións de Produtores de Madeira PROMAMON de Mondoñedo e PROMALOU de Lourenzá e cos representantes da Empresa EOGAL de Biomasa. Para tratar de conveniar a facilitación de materia prima necesaria para o desenvolvemento da industria.
Invitación a Empresa Hortícola de Mondoñedo e seus asesores da Universidade para unha reunión coa Plataforma co motivo de ampliar a información do seu proxecto.
3º/ Confección e Colocación de Pancartas reivindicativas durante as Feiras e Festas de ?As San Lucas? en colaboración coa Comisión de Defensa do Partido Xudicial e do Concello de Mondoñedo. Estas pancartas estarán situadas no Cemiterio Vello de Mondoñedo, na Praza do Concello e ao carón do Campo da Feira dos Remedios, o lema será: ?POR UN FUTURO INDUSTRIAL DA COMARCA E EN DEFENSA DO PARTIDO XUDICIAL DE MONDOÑEDO?.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



