ERMIDA CHAMA AOS GALEGOS A QUE O DOMINGO VIVAN A SÚA PARTICULAR XORNADA DE FOLGA XERAL
CONTRA OS RECORTES DO PP VOTANDO BNG
Os nacionalistas aseguran que Feijóo intensificou a súa campaña na Mariña porque é consciente de que é onde se xoga perder o oitavo deputado por Lugo
“A presenza do BNG nos gobernos é garantía de que as reivindicacións dos lucenses e mariñáns son escoitadas e atendidas, ao contrario que co Partido Popular”
Foz, 19 de outubro de 2012. Ana Ermida, candidata número 3 do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento de Galiza, aproveitou o último acto da campaña, celebrado en Foz, para chamar á participación e á reflexión para que “o vindeiro domingo o país poida despedirse de catro anos de políticas de destrución, creación de paro e incremento da pobreza e iniciar unha nova etapa centrada nas verdadeiras necesidades de Galiza e dos cidadáns”.
“O Partido Popular – insistiu Ermida- é consciente de todos os seus incumprimentos coa provincia de Lugo e, en concreto coa Mariña, motivo polo que o candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, intensificou a súa presenza na comarca durante a campaña. Os populares saben que na Mariña xóganse perder ou manter o oitavo deputado pola provincia, deputado que, ademais, se disputan co BNG que podería obter un terceiro representante”.
Neste senso, a candidata nacionalista insistiu en que “a presenza de membros do Bloque Nacionalista Galego de Lugo e da Mariña nas institucións sempre foi garantía de que as reivindicacións e necesidades dos lucenses e mariñáns son escoitadas e atendidas, algo que non ocorre cos membros do Partido Popular. José Manuel Balseiro, secretario da Mesa do Parlamento galego, e José Manuel Barreiro, portavoz no Senado e presidente do Partido Popular de Lugo, levan anos ocupando postos de responsabilidade dentro do seu partido e en diferentes institucións e, sen embargo, na comarca seguimos sen un plan para a creación de emprego e fortalecemento do sector industrial e cun hospital cunha atención cada vez máis deteriorada e cuxa ampliación se converte en protagonista cada campaña electoral sen que se inicien as obras”.
Dende o BNG chaman á participación das galegas e galegos para “cambiar o rumbo de Galiza”. “O 21-O eliximos seguir sendo un país sumido no atraso ou un país que pode superar a situación de crise actual polos seus medios e facendo valer as súas potencialidades”.
“Antes da folga xeral convocada para o 14 de novembro para protestar contra os recortes do Partido Popular, o próximo domingo as galegas e os galegos temos a oportunidade de vivir a nosa particular xornada de folga para mostrar o noso rexeitamento ás políticas de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo, cunha fórmula moito máis efectiva, acudindo a exercer o dereito ao voto e elixindo a unha forza como o BNG” – concluíu Ana Ermida.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



