A CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA AVALIA A ÓPTIMA RECUPERACIÓN DE EDU
O meta e co-capitán do Burela FS Pescados Rubén, Edu, realizou onte na clínica Virxe da Mariña a súa primeira revisión, con excelentes noticias, tras a intervención de menisco á que foi sometido o luns pasado no Policlínico Lucense SA. Despois de que a cirurxía descubrira unha lesión menor da esperada, tan só no corno do menisco interno, os primeiros exames revelaron ademais unha recuperación óptima do porteiro tanto en flexión coma en exercicios isométricos.
Edu podería volver ás pistas nun prazo de 5 semanas. O traumatólogo, José Antonio López Rodríguez, xa lle permitiu apoiar a perna e, se todo segue ben, poderá comezar coa rehabilitación a finais da próxima semana, despois da segunda revisión.
Convenio de colaboración
A Virxe da Mariña, que xa supervisa a saúde dos equipos sénior laranxas dende pretempada, vén de formalizar a continuidade do convenio de colaboración co CD Burela FS Pescados Rubén en 2012-13, no que constituirá o sétimo exercicio de traballo conxunto entre ambas as entidades.
Baixo a xerencia de Mª. Esther García Insua, o centro médico-cirúrxico (Arcadio Pardiñas, número 145, Burela) dispón das especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía, radioloxía e alergoloxía. A clínica completa as súas consultas cun gabinete psicotécnico (permisos de conducir, de armas, de animais perigosos, patrón de embarcacións, motos acuáticas, mergullo…); tratamentos dermoestéticos e antienvellecemento (bótox, peeling, láser, luz pulsada, eliminación de manchas…), así como láser médico.
Entre os seus servizos, salienta o exitoso Gabinete de Nutrición (adelgazamento, dietas, educación alimentaria…), con excelentes resultados para conseguir un peso ideal e mellorar a saúde reducindo o risco de patoloxías como o colesterol ou a diabetes. Tamén ofrece o Igualatorio Médico, iniciativa de asistencia integral con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña, a prezos moi económicos.
Juanma
O outro piar da capitanía laranxa, Juanma, tamén foi intervido con éxito esta mañá no Hospital Modelo da Coruña. O neurocirurxián Manuel García Fantini dirixiu a operación para eliminar a hernia de disco que mantiña ao xogador afastado das pistas dende setembro.
FOTO: Edu, á entrada da Virxe da Mariña, xunto a Esther García Insua, xerente, e José Antonio López, traumatólogo
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
