ERMIDA AFIRMA QUE O 21-O ESTÁ EN XOGO O FUTURO DOS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS E DOS CLUBS DEPORTIVOS DA MARIÑA
Os nacionalistas aseguran que “é imposible valorar a política deportiva do Goberno galego porque non fixo absolutamente nada a prol do deporte na comarca”
“As axudas da Xunta ao deporte base galego contan cunha dotación económica ridícula”
O BNG comprométese a impulsar un plan coordinado de infraestruturas deportivas cos concellos, a fomentar a participación das mulleres nas competicións e a fortalecer os clubs deportivos e as federacións
Burela, 1 de outubro de 2012. A candidata do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións do vindeiro 21 de outubro, Ana Ermida, acompañada dos responsábeis comarcais da formación na Mariña e Lugo – Centro, Antonio Veiga e Mario Outeiro respectivamente, mantiveron un encontro con deportistas da Mariña para escoitar as súas reivindicacións e valorar a política deportiva do Partido Popular ao fronte da Xunta de Galiza durante a lexislatura que vén de rematar.
Ermida sinalou o escaso apoio do Goberno galego ao deporte en xeral pero, especialmente, ao deporte de base. “É imposible valorar a política deportiva da Xunta na Mariña porque non fixo absolutamente nada polos deportistas e os equipos da comarca. O desinterese da Xunta de Galiza pola promoción do deporte de base queda patente no retraso da convocatoria de axudas e na supresión dunha desas convocatorias vía decreto, ademais de que as subvencións concedidas están dotadas cun orzamento ridículo. A pesar de que o deporte debe ser entendido como un dos piares do benestar dunha sociedade, o Partido Popular dedicouse a pór atrancos á practica deportiva, ao futuro dos deportistas individuais e dos equipos. Por iso, o 21-O está en xogo o fortalecemento dos clubs deportivos e das federacións, avanzar cara un mapa descentralizado de centros de alto rendemento, o impulso dun plan coordinado de infraestruturas cos concellos tendo en conta a demanda real das actividades deportivas e a aposta pola igualdade deportiva, fomentando a participación das mulleres nas competicións”.
Fronte a falla de investimento e compromiso do Executivo galego, a candidata nacionalista destacou o apoio doutras administracións ao deporte do país, como é o caso da Deputación de Lugo considerada pola revista ‘Deportistas’ como unha das administracións públicas do Estado que máis inviste por habitante neste eido. Neste senso, tanto Antonio Veiga como Mario Outeiro, explicaron que “nos tres últimos anos, a Vicepresidencia do ente provincial rexistrou un significativo incremento de solicitudes de deportistas individuais e de equipos pequenos debido ao escaso apoio que reciben do Goberno de Núñez Feijóo. A nosa aposta decidida e constante polo deporte galego é altamente recompensada; en Galiza temos deportistas recoñecidos internacionalmente que iniciaron a súa carreira nos pequenos equipos da terra”.
O obxectivo do BNG é crear un modelo deportivo galego que teña en conta a súa vertente educativa, a promoción do deporte de base e da actividade física saudábel e que, ao mesmo tempo, impulse a actividade profesional deportiva de alto nivel no país.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



