O CIM DE RIBADEO ORGANIZA UN CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL QUE SE DESENVOLVERÁ NA ESCOLA DE OVE TODOS OS MÉRCORES DESDE O 31 DE OUTUBRO ATA O 12 DE DECEMBRO.
Ribadeo, 25 de outubro de 2012. O CIM organiza un curso de alfabetización dixital que se desenvolverá na escola de Ove todos os mércores desde o 31 de outubro ata o 12 de decembro. A inscrición está aberta, segundo anunciaba esta mañá a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.
A edil nacionalista explicou que “desde o Centro de Información á Muller imos iniciar unha nova actividade este 31 de outubro, mércores. Trátase dun curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres que se vai desenvolverse na escola de Ove, posto que alí hai instalacións informáticas para poder levalo a cabo e vai ser en sesións de dúas horas desde este 31 de outubro ata o 12 de decembro en horario de seis a oito da tarde. Polo tanto a duración total será de 14 horas”.
Álvarez Lastra sinalou que “é un curso que nós denominamos Sumerxíndonos nas redes e trátase de achegar neste caso ao colectivo de mulleres o uso das novas tecnoloxías para intentar facer contas de correo electrónico, para buscar a información a través da rede, para solicitar peticións, para mandar mensaxes, para comunicarnos con outras persoas. É dicir trátase dunha serie de coñecementos básicos e de utilización dos ordenadores e dos medios informáticos como medio de formación, de comunicación, de relación e de aprendizaxe”.
Todalas aquelas mulleres que estean interesadas en inscribirse no curso de alfabetización dixital deben poñerse en contacto co Centro de Información á Muller, no teléfono 982.120.739, ou tamén no telecentro 982.120.732. A inscrición tamén se pode facer no correo electrónico cim@ribadeo.org.
As plazas son limitadas, o curso é totalmente gratuito e aquelas persoas que o desexen deben anotarse canto antes. Lévase a cabo con carácter pioneiro e experimental en Ove para o funcionamento e si desperta interese entre as veciñas asistentes.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



