O CONCELLO CONSEGUE A BANDEIRA VERDE DE FUCI EN TRES APARTADOS. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE O EQUIPO DE GOBERNO É O MÁIS DIGNO HERDEIRO DO TRABALLO INICIADO HAI QUINCE ANOS.
Burela, 31 de outubro de 2012. O Concello de Burela consegue de novo a bandeira verde en tres apartados: residuos, limpeza e xardiñeiría; compromiso ambiental; e educación ambiental e participación cidadá. Os premios que convoca a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) seránlles entregados aos Concellos galardoados no primeiro trimestre de 2013.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, amósase satisfeita por este recoñecemento e lembra que “este galardón convócase desde o ano 1998. O Concello de Burela recibiu no 2003 a mención de ouro, que se conseguía tras cinco anos consecutivos obtendo o premio bandeira verde”. A edil popular engadiu que “desde que se estableceron as diferentes categorías ás que optan os Concellos Burela conseguía nos anos 2008 e 2009 o recoñecemento en catro dos cinco apartados posibles e no 2010 recibía o premio nas cinco modalidades. Foi o único Concello de Galicia en conseguilo”.
Patricia López explica que “no 2011 non se convocou o premio bandeira verde-municipio responsable, que sí volta este ano avaliando as actuacións realizadas desde o 2010. Agora logramos o galardón en: residuos, limpeza e xardiñeiría; compromiso ambiental; e educación ambiental e participación cidadá”. A Federación de Usuarios e Consumidores Independentes recoñece coa bandeira verde a xestión medio ambiental e de consumo responsable por parte dos Concellos.
O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou que “en Burela conseguimos a primeira bandeira verde en 1998 y fomos dos primeros de Galicia en acadar este premio. En 1999 tamén recibimos a bandeira verde de Galicia. Todo esto ocasionou que a nosa participación en congresos e seminarios en materia medio ambiental fose intensa”.
Para o rexedor “este premio ven demostrar que todo o que se fixo fíxose con rigor. Empezamos hai 15 anos en momentos que non eran fáciles a nivel económico, puxemos en marcha as distintas recollidas selectivas, bolsa amarela, papel cartón, vidro, con medios modestos e limitados e hoxe Burela medio ambientalmente falando segue a ser un referente”.
González Barcia tamén aludiu ás outras distincións que recibiu Burela “coma as bandeiras azuis das praias, do barco museo e de Gaia” e dixo que “esto foi posible gracias á tenacidade dos responsables políticos, ao empeño e ao traballo dos traballadores municipais de aquelo que ten ver co medio ambiente e ao compromiso dos cidadáns. O noso interés a partires de agora estará centrado en cuestións de aforro enerxético no alumeado público. Algo que contribuirá á preservación do medio ambiente e ao aforro económico ao Concello e a todos os cidadáns, pero sen olvidarnos do día a día en materia medio ambiental”.
Desde o equipo de goberno “somos conscientes de que hai que mellorar moitas cousas, sobre todo tendo en conta o cambiante da sociedade actual. Non se pode poñer en dúbida o empeño deste equipo de goberno. Somos os máis dignos herdeiros do traballo iniciado hai quince anos. O bipartito mantivo un espírito continuista neste ámbito, aínda que se perdeu a presencia coma referente que Burela tiña en materia de medio ambiente”. O rexedor lembrou que a primeira bandeira verde que recibiu o Concello recolléuna sendo alcalde de mans de José Manuel Romay Becaría coma Ministro de Sanidad y Consumo.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



