A deixadez e a falta de xestión do Señor Fernando Suárez pon en perigo a vida de calquer cidadán que acuda ao parque do mineral
Atopámonos con tres accesos ao parque, cadanseu máis perigoso: un cos pivotes de madeira tirados, outro sen valar e un terceiro coa presenza de bancos ao carón da vía
Ribadeo, 31 de outubro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou hoxe o mal estado no que se atopa o parque do mineral ubicado neste concello mariñán.
O popular alertou da perigosidade que supón a situación deste lugar de ocio para calquer cidadán que alí se achegue, posto que carece de vallas de seguridade e as únicas que hai é coma se non existisen xa que están tiradas.
“Un dos accesos estaba valado con pivotes de madeira que agora están tirados no chan, un segundo acceso carece de valado e no terceiro acceso atopámonos cuns bancos ao carón da vía”.
Critica o popular a falta de xestión e a pasividade por parte do Señor Fernando Suárez, quen, malia a ser o responsable do estado do parque, fai caso omiso e non ten en conta que esta situación pode desembocar nunha desgracia.
“Calquera persoa que acuda ao parque pode caer por aquel desnivel posto que non conta cun sistema de seguridade. O problema pode ser maior no caso dos nenos ou anciáns; no caso dos cativos, un só despiste por parte dos proxenitores pode dar lugar a un gran susto ou traxedia, e no caso dos máis maiores, idem do mesmo”- manifesta López Penabad.
Conclúe o popular instando ao rexedor ribadeirense a que actúe, valle como é debido o parque do natural e non agarde a que pase unha desgracia xa que de aquelas de nada vai servir lamentarse.















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



