Os populares denuncian a utilización electoralista de viaxes sufragadas con fondos europeos en plena campaña electoral
O GPPP pídelle á Deputación que deixe de utilizar as visitas do KM0 para dar mitins políticos aos seus participantes
Elena Candia lamenta que a obsesión partidista de Gómez Besteiro leve ao equipo de goberno provincial a utilizar este programa europeo como “o marco perfecto” para dar mitins políticos
A portavoz cualifica esta actitude do goberno provincial de “falta de respecto” para os participantes, que se ven obrigados a escoitar mitins partidistas durante as visitas institucionais
Os populares denuncian que Gómez Besteiro confunda de novo o edificio da Deputación como sede do PSOE, xerando malestar nos participantes do programa KM0
Lugo, 18-10-2012 – O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Lugo denuncia que a “obsesión partidista” de José Ramón Gómez Besteiro estea a levar ao equipo de goberno do ente lucense a utilizar as viaxes do KM0 como marcos “perfectos” para dar mitins políticos aos seus participantes.
Os populares critican a utilización electoralista deste programa que, sufragado con fondos europeos, ten a funcionalidade de poñer en valor os recursos da provincia, e non a “venda dunhas ideas e proxectos políticos moi concretos”. Así o puxo de manifesto a popular, Elena Candia, tras recibir denuncias por parte de participantes nas viaxes, que se ven obrigados a escoitar este tipo de mitins.
“XA VAI BEN DE MITINS POR HOXE”
A portavoz do PP na Deputación de Lugo cualifica esta actitude como “unha falta de respecto para os visitantes”. A popular explica que os propios participantes chegan a expresar o seu malestar por esta situación xa que acoden a un programa de visitas institucionais e vense obrigados a recibir charlas que incluso remataron coa seguinte expresión do deputado correspondente: “xa vai ben de mitins por hoxe”, como aconteceu coas palabras que pronunciou na súa literalidade a deputada provincial socialista Sonsoles López Izquierdo con ocasión dunha destas visitas.
Elena Candia lamenta que viaxes con fins turísticos se convertan en focos de propaganda electoralista debido a “obsesión partidista e os nervios” que parece manifestar Gómez Besteiro ante as perspectivas electorais. Os populares critican que o presidente da Deputación provincial de Lugo confunda unha vez máis o edificio do ente coa sede do PSOE, e o mesmo está a ocorrer cos seus compañeiros de goberno.
Ante este tipo de actitudes, o Grupo Provincial do Partido Popular pídelle á Deputación provincial de Lugo que deixe de utilizar as visitas do KM0 para dar mitins políticos aos seus participantes.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



