Os Tropa Lixeira galopan na Pontenova
Chegaron, coma sempre, contra o límite da hora fixada para o comezo do aberto. Uns a modiño, outros non tanto pero todos ca mente posta en facer algo grande. As billardas dos palandores que querían facer probas, iban aparecendo paseniño na pista enchoupada pola fia choiva que nos acompañou perante toda a tardiña. Tropa lixeira mentres tanto enfranscada no seu precalentamento natural, a cata de cervexa, tranquilamente observaban as evolucións dos seus inmediatos contrincantes, diríase que tiñan a certeza de que todo estaba xa decidido antes de comenzar a loita.
Ao fondo, os impoñentes fornos que presiden a praza, foron mudos testigos da xesta destos recios loitadores meiregos. Tropa lixeira, trocou en carro pesado, Richar e Oscar moi ben secundados por David e Jorge arrolaron nos rivais sin apenas atrancos.
Destacadas actuacións de Marcos e Xermán. As reflexións de Muriego logo da penosa actuación na Ponte de Outeiro, parece que fixo efecto espoleando o Bull que nembargantes se viu privado do pleno ao deixarse levar un punto por Outeiro. En canto a Xermán, que estaba ausente e falto de forma no seu xogo, parece que paseniño quere voltar a élite, sorprendeuno nembargantes Lola que lle levou un punto. O resto de participantes mais uo menos na liña de sempre, ca presencia e boa actuación do equipo Corredoiras, que debutaba este ano na nosa liga.
E mentres o barruzo continuaba a caer moi a modiño, íban áxilmente sucedéndose as carreiras que confirmaban a superioridade no día de hoxe dos Tropa Lixeira.
Así se chegou a un desempate para o primeiro posto que rematou ca victoira de Richar sobre Oscar e tamén loita a cinco carreiras para determinar o terceiro posto entre Xermán, Guille, Reyes, Marcos, David e Regueiro. Foi este derradeiro o que ficou no podio.
En donas a primeira clasificada foi Reyes seguida de Geni e de Lola e como xa dixemos Tropa Lixeira foron os gañadores por equipos con 36 puntos sobre 40 posibles.
Os vencedores recibiron da man da concellal de Cultura de A Pontenova unhas navallas exclusivas para a ocasión do artesán J. Rodil e unhas artísticas representación dos “Fornos”.
As clasificación quedan así:
Individual: Regueiro 28 p., Richar 27 p., Charli e Daniel 26 p., Eric, Guille, Oscar e Reyes 23 p.
Equipos: Os Outros 92 p., Billardeiros Musicais 87 p., Tropa Lixeira 83 p.
Varados: Regueiro 4, Charli e Eric 3, Martiño e Oscar 2.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
