O vindeiro luns, 22 de Outubro, en horario de 10,00 a 13,00 horas, a empresa Mindoniense de Infraestruturas S.A abrirá unha oficina na Avenida de Calvo Sotelo (antigas dependencias do Inem) de Mondoñedo que sirva de punto de información para o proxecto Hortícola que pretende desenvolver na comarca.
Logo de asinar o acordo coa Universidade de Santiago, os técnicos da Escola Politécnica Superior de Lugo atópanse realizando as tarefas de asesoramento e, xa sobre o terreo, analizando a rotación adecuada, as especies a implantar, e as técnicas de cultivo a empregar dentro dun marco de agricultura integrada e sostible.
A empresa, iniciou así mesmo o estudo da canle óptimo de comercialización, nacional e internacional, para a saída ao mercado da produción.
Desde esta oficina informarase a todas aquelas persoas (propietarios de leiras, pequenos produtores hortícolas, demandantes de emprego, ??..) interesadas en coñecer os pormenores do proxecto.