DUELO DE IMBATIBILIDADES ENTRE O DIAMANTE E BURELA FS
Vista Alegre acollerá este sábado un emocionante duelo de imbatibilidades na Primeira División Feminina, entre o Diamante Logroño e Burela FS Pescados Rubén. O cadro mariñán medirase a partir das 18.30 horas ao líder da clasificación (9 puntos), que chega á comarca en plenitude de condicións físicas, aínda que co pesar anímico da recente perda de Bárbara Blanco, xogadora vinculada á entidade rioxana que faleceu a semana pasada despois dunha longa enfermidade. Antes do asubío inicial, a bomboneira gardará un minuto de silencio na memoria da novísima deportista diamantina.
O equipo burelista recupera para a gran cita a Lidia Mesías, que aterrou onte na preparación laranxa, dende a concentración coa Selección Española para o III Torneo Mundial Feminino (Portugal, decembro de 2012). “Volvo contenta non, contentísima. Para calquera xogadora é un premio que a selección se interese, para min xa é a segunda vez que me regalan este privilexio. Tivemos unha semana de adestramentos moi intensos, pero todo merece a pena tan só polo soño e a esperanza de estar algún día entre as mellores xogadoras de España. Isto achégame ilusión e confianza para seguir traballando” confesou a ferrolá, eufórica.
A burelista destacou a dificultade do Diamante Logroño, polo seu xogo correúdo: “Espéranos un rival en media cancha que recorrerá repetidamente ao contraataque, pero temos que ter calma para abrir as súas liñas e ir facéndonos co partido” dixo Lidia Mesías, que animou a afección laranxa a acudir o sábado a Vista Alegre porque “o seu apoio sempre nos axuda moitísimo”.
Javier Pardeiro disporá de todos os efectivos, coa dúbida de Haydee, que continúa minguada por unha tendinite rotuliana.
De novo, Vista Alegre
O espectáculo de Primeira non se afastará a próxima semana da Mariña. As laranxas repetirán como locais, na 5ª xornada, co desembarco en Vista Alegre do Soto del Real, adversario que inaugurou a liga co descanso e aínda non puido puntuar (Orvina 2-4, Gironella 3-2). Será o sábado 13, coma de costume, ás 18.30 horas.





















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
