A CIG vai impartir dúas xornadas dirixidas a persoas en activo e desempregadas . Unha celebrarase o día 9 de outubro, martes, en horario de 16 a 20 horas. Tratase dunha xornada sobre Primeiros auxilios. A segunda xornada, que tamén en horario de tarde, vai dirixida a coidadores/as de residencias. A xornada tratará sobre “Riscos biolóxicos”. Esta xornada celebrarase o venres 19 de outubro, nos locais do sindicato en Burela. As persoas que desexen participar nelas deben chamar ó 982 581 861 ou ben a través do correo: burela@galizacig.net.
Xornadas de saude laboral da CIG en Burela