120 persoas coñecerán esta semana a riqueza natural e etnográfica do Courel co programa Km0
Os participantes nas tres rutas programadas para entre hoxe e o sábado son alumnos do Campus Universitario de Lugo e do IES Vilar Ponte de Viveiro, e integrantes da Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo de Alfoz
Un total de 120 veciños da provincia coñecerán esta semana a riqueza natural e etnográfica do municipio do Courel nas tres rutas organizadas no marco do programa Km0, impulsado pola Deputación co obxectivo de poñer en valor os recursos medioambientais da provincia entre os propios lucenses, crear emprego e dinamizar a economía. Os participantes nas tres rutas programadas para este mesmo mércores, mañá e o sábado son alumnos do Campus Universitario de Lugo e do Instituto de Educación Secundaria (IES) Vilar Ponte de Viveiro, e integrantes da Asociación Cultural e Xuvenil (ACX) O Castelo de Alfoz.
Os tres itinerarios previstos teñen lugar polo Concello courelés, aínda que con distintos percorridos. O primeiro grupo, 24 estudantes do Campus de Lugo, visitaron hoxe a Devesa da Roqueira, o castro da Torre e a aldea de Seceda. Mañá xoves, 48 alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro achegaranse ás instalacións da Fundación TIC, dependente da Deputación, para logo coñecer os castros de Vilar e da Torre e a aldea de Seceda. Para o sábado, dentro da modalidade do Km0 Fin de Semana, 48 integrantes da Asociación Cultural Xuvenil de Alfoz coñecerán os castros de Vilar e da Torre, a aldea de Seceda e a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital. Os tres grupos repoñerán forzas comendo no camping do Courel.
Como anotarse
Os interesados en participar en Km0 poden inscribirse chamando ó 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425). A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



