Nota de prensa da Asemblea Cidadá Mariña-Occidente
Ante a convocatoria de folga xeral o 14N
Na Asemblea celebrada o pasado domingo en Ribadeo, os miembros do movemento 15M na nosa comarca decidimos apoiar á folga xeral europea do 14 de novembro. Rexeitamos as medidas fomentadas e impostas pola UE por inútiles e inxustas, e consideramos imprescindible e urxente un cambio de rumbo para evitar un perigoso colapso social.
O día 14 imos acudir á manifestación unitaria convocada polos sindicatos en Burela ás 12:00, e previamente, o día 13 difundiremos entre a cidadanía e comercio local os motivos do noso apoio á folga e a conveniencia de secundala, cada un en función das súas posibilidades.
Ademais convocouse una concentración para o mércores pola tarde ás 17:00 no Cantón de Ribadeo para reclamar un cambio de rumbo. Asimismo, ante a inacción das administracións competentes, acordouse promover a creación da asociación de desempregados da Mariña-Occidente para posibilitar a procura en común de solucións aos problemas urxentes deste colectivo e a posta en marcha de iniciativas de actividade que permitan paliar a súa situación.
Queremos facer fincapé na importancia da participación nestes actos de estudiantes, parados, xubilados, autónomos e pequenos empresarios, colectivos a miúdo esquecidos polos sindicatos nas súas convocatorias, que están tan afectados como os traballadores asalariados en activo polas políticas en marcha. Só xuntos poderemos frear a violencia do sistema contra o 99% da sociedade.
O sucedido hoxe co tema dos desafiuzamentos demostra que non hai un só camiño posible, que hai alternativas, e que só coa presión da sociedade poderemos parar e darlle a volta á situación. Temos que saír ás rúas e loitar para construir unha auténtica democracia na que o ben común de todos sexa o obxectivo das políticas, e non a maximización dos beneficios duns poucos privilexiados.