A Deputación fixa servizos mínimos do 4,8% do persoal para a folga xeral de mañá
– Esta porcentaxe, que representa a 25 traballadores, resposta ós criterios acordados pola institución noutras convocatorias cos Sindicatos, Xunta de Persoal e Comité de Empresa
– Todos os Deputados do PSdeG e BNG secundará a folga, quedando á fronte do organismo provincial o seu Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, como máximo mandatario
A Deputación fixou uns servizos mínimos do 4,8% do persoal para folga xeral de mañá en contra “a explotación e o empobrecemento” das políticas do Goberno Central do Partido Popular. Esta porcentaxe resposta ós criterios acordados pola institución noutras convocatorias cos todos os representantes das organizacións Sindicais (UXT, CC.OO, CIG e CIS-F), Xunta de Persoal e Comité de Empresa.
Isto supón, que 25 traballadores asumirán este xoves as “prestacións esenciais” do Boletín Oficial da Provincia, Informática, Comunicación, Parque Móbil, Secretaría Xeral e Servizos Centrais, Asistencia e Asesoramento Xurídico e Técnico ós Concellos, Recursos Humanos, Unidade de Vixilancia e Portería, Vías e Obras, Intervención, Tesourería, Xestión Tributaria e Recadación, Cultura e Deportes, Benestar Social, Rede Museística Provincial, INLUDES, Centro de Artesanía e Deseño e Granxa Gayoso Castro.
Polo que se refire ó Goberno Provincial, todos os Deputados do PSdeG e BNG secundarán a folga, permanecendo á fronte do Executivo o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, como principal responsable da institución. Gómez Besteiro asegura que “dende hai anos aplicamos unha política de choque contra os recortes porque a austeridade empobrecedora lévanos á pobreza. Polo tanto, o que toca é replantear a austeridade, que simplemente nos leva a unha política de recortes que, como opción política e económica, non nos vai conducir a nada bo”.
Postura dos sindicatos
Os sindicatos da institución luguesa xustifican o apoio a esta convocatoria, afirmando que “o Goberno español do PP decidiu arrastrar os nosos dereitos, destruír millóns de empregos, causar pobreza, marxinalidade, deixarnos sen futuro. Todo para alimentar unha grande estafa. Temos que pagar nós a enorme fraude fiscal das grandes empresas, a débeda dos bancos privados e as retribucións multimillonarias dos seus executivos. Nun ano de goberno e 6 meses da reforma laboral que dicían que era para crear emprego, o Partido Popular sumou un millón de parados, facendo o que dixo que non faría e mentindo sen reparos. Subiu o IVE e o IRPF, reduciu as prestacións de desempregados, a asistencial para maiores de 52 anos, as indemnización do FOGASA, as prestacións sanitarias, a calidade de ensino e subiu as taxas universitarias, xunto á perda de salario e dereitos dos empregados públicos. Pero o ataque máis brutal contra os nosos dereitos está a ser a reforma laboral, contestada nunha primeira folga xeral no mes de marzo. Dixémolo entón e lembrámolo agora: o Partido Popular está a destruír todo. Por esta razón: paremos con este saqueo”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



