A Deputación favorece a comercialización de produtos autóctonos e artesáns impulsando o II Mercado Tradicional de Vieiro
– A Vicepresidenta Segunda, o rexedor e a primeira tenente de Alcalde de Viveiro presentaron no consistorio a feira, que se celebrará este sábado fronte á igrexa e contará con unha vintena de produtores de toda a provincia e da Coruña
– O organismo provincial concedeu este ano 100.000 euros euros para a celebración de 25 certames encamiñados a promocionar os produtos da provincia
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, xunto ó Alcalde, Melchor Roel, e a primeira tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, María Loureiro, presentaron este xoves na Sala de Xuntas do consistorio viveirés a segunda edición do Mercado Tradicional da parroquia de Vieiro, que se celebrará o sábado fronte a igrexa parroquial da localidade e contará con unha vintena de postos de produtos autóctonos. Méndez destacou que a Deputación respalda de novo a celebración desta feira polo que supón de “escaparate para difundir a calidade e variedade dos cultivos e da artesanía da provincia, e porque lles abre novas vías de comercialización”, uns obxectivos nos que a institución luguesa traballa intensamente.
Entre os expositores que participarán no mercado, destacan os que poñerán á venda produtos de temporada, como castañas, noces ou mel, pero tamén haberá cultivos de horta ou panadería, así como artigos de artesanía téxtil e de coiro. Os produtores proceden de municipios mariñanos, como Cervo e O Valadouro, pero tamén do resto da provincia –Friol e Vilalba, entre outros-, e incluso de fóra, xa que haberá un produtor da Coruña. Este ano, como novidade, os asistentes dispoñerán dun posto de polbo.
Pola súa banda, o Alcalde vivariense, quen desculpou a ausencia do organizador da feira, Jesús Chao, por motivos laborais, lembrou que o Concello decidiu apoiar o mercado facilitando a infraestrutura necesaria, e á súa vez xestionou a colaboración da Deputación, “no marco do noso labor para potenciar ós produtores e artesáns, en definitiva, dos autónomos, que incluso fan estes traballos como complemento da súa actividade profesional”. Melchor Roel destacou así mesmo que o apoio da Deputación súmase ó prestado para retomar a Feira de Pascua de Covas, “unha tradición que se perdera, e na que cada vez participan máis produtores, artesáns e público”.
A organización da feira é froito da inquietude de Jesús Chao da Silva por dinamizar a parroquia de Vieiro, que conta con preto de 500 habitantes. “Fun presidente da asociación veciñal durante anos e sempre estiven vinculado a este tipo de eventos. O que quero é ofrecerlles ós veciños alternativas de lecer, ademais de crear un atractivo para que o pobo se encha de xente”, indicou Chao, quen engadiu que a idea tivo “moi boa acollida” na zona. Chao Silva animouse a reeditar o encontro polo éxito de público da primeira edición, que estivo “por encima das miñas expectativas iniciais”, así como polo apoio que lle prestaron Concello e Deputación.
Intensa promoción dos produtos autóctonos
A Deputación respalda o primeiro Mercado Tradicional de Vieiro no marco da súa decidida aposta por poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos produtos da provincia como unha vía para revitalizala zona rural e frear a grave perda de poboación que está a padecer. Neste senso, a institución luguesa, a través do INLUDES, concedeu neste ano 2012 máis de 100.000 euros para a celebración de 25 certames encamiñados a promocionar produtos autóctonos, como por exemplo: a Festa do Percebe de Celeiro; O Mercado Renacentista de Viveiro; a Festa do Berberecho de Foz; ou a Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart (PRODUART) de Burela.
11 empresas mariñanas venden por Internet
Outra das actuacións básicas que a institución provincial impulsou co mesmo fin foi a posta en marcha da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com á que xa están adheridas medio cento de empresas lucenses, das que 11 son da Mariña. Este primeiro centro comercial virtual da provincia, creado a través do programa europeo Innova-TE, conta cun apartado específico e destacado para os produtos autóctonos. A plataforma aumenta as posibilidades de incrementar o volume de beneficios das empresas ó abrirlles novos mercados e facilitar as vendas, pois os clientes poden comprar as 24 horas do día, os 365 días do ano. Este portal non ten límite de empresas, nin de oferta de produtos.
Garantía de calidade
A Deputación creou así mesmo a marca de calidade Lugo Sabe, coa que contan a día de hoxe 35 empresas agroalimentarias da provincia, das que 9 son mariñanas. Os seus produtos están á venda en tendas da cadea de supermercados Cemar, en Cafestore e La Palloza Gallega. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda invitou a todos os produtores a sumarse tanto á marca Lugo Sabe, como á plataforma de comercio electrónico, pola promoción e novas oportunidades de comercialización que levan consigo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



