A Deputación incrementará as vendas dos produtos autóctonos, levando polo menos 52.500 unidades a establecementos hoteleiros
– Farao cun plan de promoción, que inclúe a distribución de lotes e degustacións destes alimentos en hoteis, balnearios ou paradores lucenses de xeito gratuíto para os produtores
– A institución asume todos os custes con 232.800 euros cofinanciados nun 80% por fondos europeos do Lug02, permitindo que autónomos e PEMES luguesas obteñan novos beneficios
– Todos os profesionais da provincia que elaboren produtos non perecedoiros, que se poidan envasar e conservar durante un mes, pódense sumar a este proxecto sen gasto algún
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que a Xunta de Goberno aprobou hoxe mesmo a posta en marcha do proceso de contratación dun plan de promoción de produtos autóctonos co fin de xerar riqueza na provincia mediante o impulso de autónomos e pequenas empresas lucenses cuxa actividade se centre na elaboración de alimentos non perecedoiros, é dicir, que se poidan envasar e conservar polo menos durante un mes. Por exemplo, alimentos cárnicos (chourizo, salchichón…), vitinícolas (licores, cremas de oruxo…), ou de repostería (tartas, pastas, mel, madalenas, améndoas, marmeladas, cremas de castaña, galletas…).
Martínez destacou que con esta actuación, a institución garante a distribución dun mínimo de 52.500 unidades en establecementos da provincia tales como hoteis, balnearios ou paradores, nos que estarán á venda ou se degustarán os produtos autóctonos dos produtores que así o desexen. Ademais, faino sen custe algún para estes profesionais, ós que si se lles garanten novos beneficios co incremento das súas vendas, ó enmarcar esta iniciativa no Lug02 e asumir o seu custe: 232.800 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea. É dicir, 186.240 euros son fondos comunitarios do programa medioambiental da Deputación, que busca o desenvolvemento económico da provincia mediante a posta en valor dos seus recursos naturais.
A empresa ou empresas que resulten adxudicatarias deste proxecto deberán, primeiro, identificar ós produtores lucenses que cumpran os requisitos desta iniciativa co fin de que se sumen o maior número posible destes profesionais. Logo, terán que deseñar a distribución dun mínimo de 52.500 unidades dos seus produtos autóctonos, ben mediante lotes ou en degustacións. A continuación, asinarán convenios de colaboración con hoteis, balnearios e paradores lucenses, nos que se poderán mercar ou degustar estes alimentos durante o ano de vixencia deste contrato.
Apoio ós produtores
O voceiro remarcou que con esta actuación “continuamos coa posta en valor dos produtos autóctonos e impulsando a autónomos e PEMES lucenses adicadas a súa elaboración mediante fondos europeos”. E é que co Lug02 e co Innova-TE, programas cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, a institución provincial puxo en marcha, por exemplo, a 1º plataforma de comercio electrónico en Lugo, facendo posible que estes profesionais poñan á venda, sen custe algún, os seus produtos; ou concedeu, tamén gratis, a marca de calidade Lugo-Sabe a 40 alimentos que se venden en establecementos de Lugo e A Coruña. Proximamente, outorgará este selo a outros 125 produtos autóctonos.
Nova dotación social na Pastoriza
Na sesión aprobouse un convenio de colaboración co Concello da Pastoriza mediante o cal a Deputación construirá un parque ambiental na zona do teleclub de Bretoña por valor de 65.000 euros, dos que o 80%, é dicir, 52.000 euros, son fondos da Unión Europea. “Trátase dunha actuación enmarcada no programa Lug02, coa que incrementamos as dotacións sociais neste municipio co fin de mellorar a calidade de vida e potenciar o medioambiente”, subliñou o Martínez. Por este motivo, explicou, este parque ambiental situarase nunha zona verde e incluirá aparellos para persoas de todas as idades. É, ademais, a segunda dotación social destas características que realizará a Deputación ó abeiro de Lug02 logo de acordar outra instalación semellante para Becerreá.
Cursos gratis sobre novas tecnoloxías en decembro
A Xunta de Goberno acordou a pórroga dun contrato para continuar, tamén durante o mes de decembro, coa celebración pola provincia dunha ducia de cursos gratuítos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a persoas de todas as idades mediante o In Lugo: o 1º Centro de Innovación Social en Galicia que puxo en marcha esta Deputación para mellorar a calidade de vida e combater a fenda dixital na provincia luguesa. Precisamente, a sesión tamén aprobou a contratación dun sistema de videovixilancia para o contorno do In Lugo, da Escola de Imaxe e Son e do Hospital San José, por valor de 44.162 euros. “Trátase dun riguroso sistema, composto por unha rede de cámaras e de sensores láser, que estará en funcionamento nas vindeiras semanas, unha vez finalizados os complexos traballos de instalación. Ata entón, gardas, porteiros e brigadas de mantemento continuarán a realizar turnos para manter vixiado todo este perímetro”, aclarou o voceiro socialista.
Débeda do canon no Páramo
Acordouse a adquisición dun terreo de 400 metros cadrados no polígono do Páramo, por valor de 2.500 euros con cargo ó canón. “É unha compra necesaria froito da execución das obras de acondicionamento do acceso de Santa Andrea á ponte e da pavimentación dos núcleos de San Andrés e San Mamede, traballos que tamén do canón. Mediante esta programación, “investimos en prestacións sociais demandadas polo veciños do Páramo máis de 150.000 euros. Durante este ano, levaremos a cabo novas actuacións en base ás peticións dos cidadáns dotadas de case 80.000 euros cos que liquidamos este histórica débeba no municipio paramés”, adiantou Martínez.
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de catro obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas nos Concellos de Foz, Pobra do Brollón, Burela e Monterroso, por valor de 44.000 euros, dos que a Deputación achegou 36.600 euros.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



