O BNG SOLICITOU A CONVOCATORIA DUNHA COMISIÓN DE CONTAS PARA COÑECER A SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO E REVISAR AS SUBAS DAS TAXAS. OS NACIONALISTAS QUEREN QUE O CONCELLEIRO DE ECONOMÍA, JOSÉ ROJO, EXERZA COMO TAL E QUE DEA AS EXPLICACIÓNS NESTE ESCENARIO QUE NON DEU HAI UNS DÍAS NO PLENO.
Ribadeo, 30 de novembro de 2012. O BNG solicitou no pleno do pasado luns a convocatoria dunha comisión de contas para coñercer a situación económica do Concello e revisar as subas das taxas. Os nacionalistas pídenlle ao concelleiro de economía, José Rojo, que exerza como tal e que dea na Comisión de Contas as explicacións que non deu no pleno. Esíxenlle que actúe con valentía, “coa mesma valentía que tivo para cambiar de partido hai cinco anos”. Desde o BNG consideran tamén que o silencio no pasado pleno do concelleiro de Obras e veciño de San Miguel, Lorenzo Penabad, pode ser debido a que se preocupa máis por manter o seu salario como concelleiro con dedicación exclusiva, que por defender os intereses dos seus veciños.
O BNG puido constatar o evidente malestar existente na veciñanza como consecuencia da suba de taxas e de impostos, suba que o BNG xa ten criticado en numerosas ocasións. Por esta razón, os nacionalistan cren que “é oportuno revisar as decisións adoptadas e tratar de modificar no posible a tremenda carga que están soportando as e os barreirenses.”
A portavoz do BNG, Ana Ermida, lembrou que “no último pleno, no que se tiña solicitado por parte dunha asociación de veciños o tratamento desta cuestión e no que se tratou finalmente tras a realización dunha pregunta por parte do BNG, ao negarse desde o grupo de goberno a tratalo como moción, o BNG insistiu, unha vez máis, na necesidade de coñecer fielmente cal é a situación económica actual do Concello de Barreiros e a súa capacidade real para asumir as súas obrigas. Esta cuestión, que xa solicitamos en moitas ocasións sen obter resposta ningunha por parte do goberno municipal, levounos a solicitar que se convoque unha comisión específica de contas na que se trate, entre outras, esta cuestión”.
Os nacionalistas solicítanlle ao concelleiro de Economía e portavoz municipal do Partido Popular, José Rojo, “dado o escaso éxito que teñen cando quen resposta é o Alcalde barreirense, que convoque esa comisión e que presente un informe detallado para garantir a transparencia na xestión e o coñecemento por parte da oposición, e de todas as e os barreirenses, da situación económica do Concello.” Neste sentido, desde o BNG instan a José Rojo “a exercer como concelleiro de Economía e a asumir un papel central nesta cuestión, posicionándose, tamén na institución municipal, do lado das veciñas e veciños que reclaman transparencia e vontade de buscar novas alternativas para a financiación municipal sen cargar impositivamente á veciñanza.”
Igualmente, os nacionalistas solicitan do concelleiro do Partido Popular Lorenzo Penabad, veciño de San Miguel que adopte unha postura de defensa dos intereses dos seus veciños e veciñas. Desde o BNG pídenlle que “resposte á razón pola que foi elexido como concelleiro e que non priorice o salario sobre os intereses xerais.” Os nacionalistas entenden que “o feito de votar no pleno municipal, onde está como representante das veciñas e dos veciños, en contra de acordos da súa propia asociación veciñal, sen nen sequera dar unha explicación, supón unha falla de respecto para estes e solo pode estar motivado polo salario que cobra como concelleiro con dedicación exclusiva.”



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



