PEQUE VOLVE Á SELECCIÓN ESPAÑOLA PARA O MUNDIAL DE PORTUGAL (3-9 DECEMBRO)
A determinante ala-pivote laranxa Patricia González Mota, Peque, volverá lucir a camisola vermella no III Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino 2012 de Portugal (3-9 de decembro). A Real Federación Española de Fútbol solicitoulle onte ao Burela FS Pescados Rubén a incorporación da xogadora madrileña, que substituirá na convocatoria definitiva a Sara Iturriaga, do Orvina.
Dende hoxe Peque formará parte da expedición vermella, que xa se concentrou onte na Cidade do Fútbol de Las Rozas, en Madrid.
Completan a convocatoria oficial de España:
Porteiras: Vanesa Barberá Martínez (At. Madrid Navalcarnero), Belén de Uña (FSF Móstoles), Lorena Muñoz García (Valladolid FSF)
Peches: Patricia Chamorro (FSF Móstoles), Claudia Pons Xandri (FS Gironella), Isabel García Carrión (At. Madrid Navalcarnero)
Ala-peche: Leticia Sánchez Martín (At. Madrid Navalcarnero)
Alas: Amparo Jiménez López (ASD Ternana Futsal-Italia), Ana Sevilla Luján (At. Madrid Navalcarnero), Rosángela Sousa Silva (Ponte Ourense SAD)
Ala-pivotes: Patricia González Gómez (VP Soto del Real), Lorena Rubio Marcos (Universidad de Alicante)
Pivote: Natalia Flores (At. Madrid Navalcarnero)
Jozi repite co Brasil
O Burela FS Pescados Rubén tamén estará representado no compromiso mundial co combinado canarinho, cunha nova participación de Joziane de Oliveira, habitual das filas brasileiras baixo os paus. A gardameta laranxa, que se atopa coa selección na súa terra, en Fortaleza, dende o venres pasado, defenderá o título de campioa do mundo.
Calendario e rivais
O III Torneo Mundial de Fútbol Sala celebrarase na localidade de Oliveira de Azeméis, próxima á cidade do Porto, coa participación de 10 combinados. A Selección Española, que dirixirá Arsenio Pascual, quedou encadrada no Grupo B, xunto a Rusia, Ucraína, Costa Rica e Malaisia. No Grupo A tomará parte a anfitrioa, Portugal, xunto á única campioa da cita ata o momento, Brasil, ademais de Irán, Xapón e Venezuela.
España debutará o 4 de decembro ás 11.00 horas (horario local) ante Ucraína, o 5 xogará ante Rusia (14.30 horas), o 6 ante Costa Rica e o 7 pechará a fase de grupos ante Malaisia. As semifinais disputaranse o día 8 e a gran final o domingo, 9. O pavillón Dr. Salvador Machado e Municipal de Oliveira de Azeméis acollerán os encontros.





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
