A XUNTA AUTORIZA A POSTA EN MARCHA DUNHA SUBESTACIÓN EN RIBADEO QUE PERMITIRÁ AVANZAR NA MELLORA DA SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA NA MARIÑA LUGUESA
· A infraestrutura permitirá dar resposta á demanda do novo parque empresarial ribadense
· Consello da Xunta vén de aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, que inclúe tamén a instalación dunha liña de alta tensión desde o municipio de Trabada
· As actuacións, que serán desenvoltas pola empresa distribuidora E-On, contan cun orzamento de máis de 3,6 millóns de euros
· Plan de Mellora da Calidade da Subministración Eléctrica posto en marcha polo Goberno galego recolle apoios da Xunta por preto de 640.000 euros para esta iniciativa
· Economía e Industria leva destinados desde 2009 máis de 36 millóns de euros a medidas para mellorar a distribución eléctrica co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento económico e á mellora das condicións de vida dos cidadáns
O Consello da Xunta vén de aprobar de forma definitiva o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a posta en marcha dunha subestación eléctrica no municipio lugués de Ribadeo, e que recolle tamén a instalación dunha liña de alta tensión que alimentará esta, co obxectivo de mellorar a rede de distribución eléctrica na zona noroeste da provincia de Lugo e dar resposta ás necesidades de potencia que supoñen os desenvolvementos industriais e de vivenda dos concellos da Mariña. A construción da subestación, que se situará en Folgosa, así como da liña de alta tensión de 132 kV que conectará esta instalación desde Trabada coa liña Doiras-Mondoñedo, correrá a cargo da empresa distribuidora E-ON, titular das instalacións, e conta cun orzamento de máis de 3,6 millóns de euros.
O Plan de mellora da calidade da subministración eléctrica posto en marcha pola Xunta en colaboración con empresas distribuidoras recolle apoios da Consellería de Economía e Industria por preto de 640.000 euros para o desenvolvemento dos proxectos, que darán servizo aos concellos de Barreiros, Trabada e Ribadeo e permitirán atender a demanda do novo parque empresarial ribadense.
En canto ás especificacións técnicas, a liña eléctrica, de 132 kV de tensión nominal, en dobre circuito, terá unha lonxitude de 9.333 metros (470 deles soterrados). No tocante á subestación, de 132/20kV, estará formada basicamente por un sistema en intemperie con tipoloxía de simple barra e dous transformadores de 132/20/12 kV e 40/40/1 MVA de potencia. Esta actuación, que se iniciará unha vez remate o proceso expropiatorio, permitirá continuar avanzando na mellora da calidade da subministración eléctrica, eido ao que a Consellería de Economía e Industria leva destinados máis de 36 millóns de euros desde 2009, tanto en colaboración coas empresas distribuidoras como coas ordes de axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas dirixidas aos concellos, así como con outras actuacións puntuais.
A posta en marcha destas medidas, coas que se contribúe ao desenvolvemento económico de Galicia, así como á integración e ao equilibrio territorial, ten contribuído a unha redución de máis do 50 por cento no tempo de interrupción da subministración con respecto a 2008, así como unha redución de máis do 38 por cento no número de interrupcións. Isto permite que nestes momentos Galicia mellore a media española, a pesar das dificultades orográficas e a dispersión da poboación que presenta a Comunidade.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



