1/3 – ATA O 5 DE DECEMBRO ESTÁ ABERTA A INSCRICIÓN NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL, QUE ORGANIZA A XUNTA PARA QUE OS MAIORES QUE VIVEN SÓS PASEN ESAS DATAS ACOMPAÑADOS.
Burela, 26 de novembro de 2012. A Delegación de Servizos Sociais de Burela informa que ata o 5 de decembro está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo nadal, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. Dito programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas, polo que ofrece nunha estancia dende o 23 de decembro do 2012 ata o 1 de xaneiro do 2013 na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense).
Este programa está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maior de 60 anos que se valen por sí mesmas, non sufran ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou de conduta, que teñan un nivel de ingresos económicos baixos e vaian star soas no Nadal. Como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.
Os interesados neste trámite deberán dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais deste Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.
—————————–
2/3 – O 5 DE DECEMBRO REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL. ESTÁ DIRIXIDO ÁS PERSOAS MAIORES QUE SE ATOPEN SOAS CO OBXECTIVO DE QUE PASEN ESAS DATAS EN COMPAÑÍA. PODERÁ SER EN NIGRÁN OU NO CARBALLIÑO.
Ribadeo, 26 de novembro de 2012. A Delegación de Servizos Sociais de Ribadeo informa que ata o 5 de decembro está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo nadal, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. Dito programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas, polo que ofrece nunha estancia dende o 23 de decembro do 2012 ata o 1 de xaneiro do 2013 na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense). Haberá servizo de transporte gratuito desde as sete grandes cidades galegas.
Este programa está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maior de 60 anos que se valen por sí mesmas, non sufran ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou de conduta, que teñan un nivel de ingresos económicos baixos e vaian star soas no Nadal. Como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.
A documentación que deben presentar os interedados en participar en Xuntos polo nadal é a seguinte: solicitude, declaración responsable, informe social e no caso de ingresos procedentes do extranxeiro, certificación deses ingresos.
Os interesados neste trámite deberán dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo ata o vindeiro 5 de decembro.
—————–
3/3 ATA O 5 DE DECEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL. ESTÁ ORGANIZADO POLA XUNTA E VAI DIRIXIDO A PERSOAS MAIORES QUE SE ATOPAN SOAS NESAS DATAS PARA QUE POIDAN PASALAS ACOMPAÑADAS DOUTRAS QUE ESTEAN NA MESMA SITUACIÓN.
Lourenzá, 26 de novembro de 2012. O Concello informa que ata o 5 de decembro está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo nadal, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. Dito programa quere que as persoas maiores residentes en Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas, polo que ofrece nunha estancia dende o 23 de decembro do 2012 ata o 1 de xaneiro do 2013 na residencia de tempo libre de Panxón (Nigrán) e na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense). Haberá servizo de transporte gratuito desde as sete grandes cidades galegas. O programa contempla aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 días.
Xuntos polo nadal está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maior de 60 anos que se valen por sí mesmas, non sufran ningunha enfermidade infecto-contaxiosa ou trastornos mentais ou de conduta, que teñan un nivel de ingresos económicos baixos e vaian star soas no Nadal. Como novidade este ano os participantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€) asistirán de forma gratuíta e os que superen dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 euros.
A documentación que deben presentar os interedados en participar en Xuntos polo nadal é a seguinte: solicitude, declaración responsable, informe social e no caso de ingresos procedentes do extranxeiro, certificación deses ingresos.
Os interesados en disfrutar deste programa poden achegarse ata o despacho da traballadora social do Concello de Lourenzá no Torreón dos Frades en horario de mañá.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



