CURANDEIROS
Anxel García Sanz, o artífice da “Operación Foz”, veterinario que o ano 1948 chegara a Mondoñedo a exercer a profesión e de cuxo Instituto foi profesor, era persoa dinámica, traballadora, inqueda, amante do estudo e a investigación que en boa medida levou á letra impresa, como no caso dun exahustivo tratado sobre os históricos “Curandeiros-menciñeiros de animais domésticos na Mariña Lucenseª, unha obra en dous tomos, na que fai unha descrición de quen na bisbarra en tempos adicáronse á labor e das que achega moitos datos non só da personalidade destes homes, senon tamén das circunstancias, as súas vivencias e daquelas publicacións das que se serveron..Canto ó concello de Foz fala de: Estebo de Xinzo, Castiñeira de San Martiño, Xosé Prado de Santa Cilla, “Acea” fillo do anterior; Francisco Alonso, “O Fidalgo” de Fazouro e o seu fillo Cándido, alias“Pillarratos”. Coa descrición de diversas patoloxías e as terapias aplicadas por cada un, a lectura resulta moi amena pois no relato introduce numerosas e singulares anécdotas. O feito de que istes curandeiros o fosen tamén de persoas ten dado lugar a situacións de hilaridade e mesmo a episodios non exentos de un humor retranqueiro. Dalgún iste cronista foi co-participe. En ocasión na que o que suscribe, por un accidente livián no fogar, do que saíu doente das costelas, foi a que o vise un coñecido amañador. Chegou á consulta en momento inoportuno pois era mediodía e non atendería ata despois de xantar. Nos baixos da casa onde o experto exercía había unha taberna na que se servían comidas, e tendo en conta que ir á casa e volver eran uns 80 kilómetros, tomou asento na mesa longa á que accedían os comensais segundo ían chegando. Dimos en conversar co veciño que nos tocou en sorte ó que, como é de rigor, contou a súa mágoa. O bó do home, tras escoitar con atención, cortésmente, co fin de erguernos a moral; eso sí, con todo respecto e consideración, espetounos: “¡Non se preocupe, oh! : verá cómo de contado X (o amañador) o pon novo.¡Non se maxina vostede cantos animais leva curados…!” E así foi.
Suso Fernández