Despexadas todas as estradas provincias co Plan de Emerxencia da Deputación pola neve
– 102 operarios e 54 vehículos traballaron durante toda a noite, permitindo que a esta hora se circule con total normalidade nos máis de 4.000 quilómetros da rede viaria provincial
– Este dispositivo, que actuou en vías de Pedrafita, Quiroga, Samos, As Nogais, Cervantes, Courel e A Fonsagrada, continuará activo na fin de semana, atendendo as alertas dende os municipios e prestando servizo en toda a provincia
– A institución conta con 12 silos distribuídos pola provincia con 350 toneladas de sal
O Plan de Emerxencia da Deputación activado onte con motivo da alerta amarela por neve tivo como resultado que, dende primeira hora da mañá, se poida circular con normalidade por toda a rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.000 quilómetros.
Para elo, 102 operarios e 54 vehículos, despregados nas 8 zonas que dividen a rede viaria provincial, traballaron durante a noite, prestando servizo en todos os Concellos lugueses segundo as necesidades. Tendo en conta que a Montaña foi a máis afectada, esta zona contou con 32 traballadores e 16 máquinas.
Finalmente, o dispositivo do organismo lugués actuou nas seguintes vías: en Pedrafita, nas CPs 1301, 3701, 4501, 4503, 4504 e 4505; en Quiroga, na CP 5001; en Samos, na CP 5603; nas Nogais, na 4503; no Courel, nas CPs 1303 e 4501; así como en varios puntos da Fonsagrada e Cervantes.
Hoxe este operativo segue en activo, atendendo os avisos dos municipio, traballos que proseguirán durante toda a fin de semana. Teñen a súa disposición, a maiores, 12 saleiros con 360 toneladas de sala -30 toneladas por silo-, situados en Cervantes, Becerreá, O Courel, Ribas do Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. Ademais, teñen a súa plena disposición outras 250 toneladas de sal por se fora necesario.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



