Orgullo galego
Épica vitoria do Burela Pescados Rubén que defendeu con intelixencia e orgullo a súa escasa renda (1-2), nuns minutos finais que disputou en inferioridade numérica, tras a expulsión de Lucía Nespereira, e co Universidade de Alacante con xogo de cinco.
Non mereceu sufrir tanto o equipo dirixido por Javier Pardeiro que logra tres valiosos puntos nunha cancha complicada e mantén o pulso polo liderado da Primeira División. Tras oito xornadas, un empate e sete vitorias consecutivas iluminan o ronsel laranxa.
O encontro respondeu ás expectativas e ambos equipos presentaron as súas credenciais desde o asubío inicial. O conxunto alacantino saltou á pista con ambición, presionando en zona alta a un Burela que liquidaba con calidade e bo xogo a proposta local. O control do xogo foise tornando de cor visitante, branco nesta ocasión, aínda que o gol se resistía a pesar das ocasións xeradas. Ata que no ecuador desta primeira singradura, a capitá do barco burelense, Dolo, pescou un rexeite tras disparo de Dany para marcar o rumbo da vitoria.
Co 0-1 acentuouse o dominio mariñán pero a falta de puntería impediu unha maior renda. Ao fío do descanso, Maite impartiu maior xustiza culminando unha xogada de preciosa factura. Taconazo de Dany a Peque que envía o coiro ao segundo pau onde aparece Maite para bater a meta local. Co 0-2 no marcador chegouse ao tempo de tregua.
No segundo envite, a navegación resultou máis turbulenta. Ao minuto de xogo, Txitxo logrou reducir a vantaxe (1-2), nunha acción afortunada, invitando á emoción ao partido. O empuxe local aumentaba e a frescura burelense acusaba a intensidade do duelo.
Nesta fase de maior equilibrio, as mariñás desaproveitaron unha superioridade numérica, tras a expulsión de Ángela no minuto 26. As pulsaciones aumentaban co paso dos minutos e co porto da vitoria no horizonte chegou a expulsión de Lucía Nespereira, minuto 37. Coas forzas baixo mínimos, superioridade numérica alacantina durante dous minutos e a aposta local de cinco no último, emerxeu o orgullo e a intelixencia táctica do Burela Pescados Rubén para conquistar un novo porto e regresar a casa cun botín de tres puntos.
Ficha técnica
Universidad de Alicante: Sonia, Andrea, Sareta, María, Sofía Vieira –cinco inicial- Mónica, Pau, Txtixo, Ángela e Noelia.
Burela Pescados Rubén: Jozi, Dolo, Lucía Nespereira, Peque, Dany –cinco inicia- Lidia Mesías e Maite.
Goles: 0-1, min.11, Dolo; 0-2, min.19, Maite; 1-2, min.21, Txitxo.
Árbitros: Fortes Pardo e Martínez Flores. Colexio murciano. Amosaron cartón amarelo a Sareta, min.12, e Ángela, min. 10 y 26, no Alacante. Do Burela amonestaron a Jozi, min. 24, e Lucía Nespereira, min. 5 y 37.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
