O TRASLADO DE CAPITANÍA MARÍTIMA Á NOVA SEDE REALIZARÁSE AO LONGO DAS VINDEIRAS SEMANAS. ASÍ LLO COMUNICOU ESTA TARDE EN MADRID AO ALCALDE O DIRECTOR GENERAL DE MARINA MERCANTE.
Burela, 15 de novembro de 2012. Nova xuntanza en Madrid do alcalde de Burela, José Mª González Barcia, nesta ocasión co director general de Marina Mercante, Rafael Rodríguez Valero.
Éste díxolle ao rexedor que o traslado de Capitanía Marítima en Burela das antigas dependencias á nova sede “se producirá ao longo das vindeiras semanas. En breve comezarán a planificar e a executar ese traslado e procurarán facelo no menor tempo posible. Consideran que non sobrepasará o umbral dos meses de febreiro ou marzo do vindeiro ano”. González Barcia engadiu que “se trata dunha operación complexa sobre todo no relativo ás telecomunicacións. Díxome que tentarán facelo canto antes, pero nos días nos que nos atopamos xa e co nadal á volta da esquina efectuar ese traslado antes non sería viable”.
O Concello está a realizar un estudio sobre os posibles servizos a ubicar nas actuais instalacións que ocupa a Capitanía Marítima. “É algo que faremos con calma, non nos urxe, levaremos adiante esta operación con orden e concerto tal e como teñamos planificado no seu momento”, manifestou o alcalde desde Madrid esta tarde.
Co director general de Marina Mercante o rexedor burelés tamén abordou cuestións relativas aos sector pesqueiro, “o previsto é que eu me reúna con eles á miña volta a Burela e lles conte os asuntos que analizamos neste encontro. O sector pesqueiro dispón de diversos cauces de comunicación para abordar coas administracións competentes as súas problemáticas e inquedanzas, e así o fan de xeito habitual, pero tamén nos piden ás veces colaboración aos Concellos para que lles botemos unha man. E este encontro enmárcanse dentro dese escenario”.
José Mª González Barcia reuniráse mañá pola mañá co director general de Pesca, Andrés Hermida.