O ALCALDE DE VALDÉS INTERESÓUSE POLO FUNCIONAMENTO DA FUNDACIÓN EU SON, DO SEU CENTRO OCUPACIONAL E DO CENTRO DE DÍA. GONZÁLEZ BARCIA CONSIDERA MOI IMPORTANTE QUE O TRABALLO REALIZADO EN BURELA SEXA UN REFERENTE DENTRO E FORA DA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA.
Burela, 6 de novembro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, mantiveron esta mañá un encontro co alcalde de Valdés, José Modesto Vallejo, e coa directora dun centro ocupacional para persoas con discapacidade, que funciona nese concello astur. O obxectivo desta xuntanza, que se celebrou en Burela, era coñecer o funcionamento da fundación Eu Son, do seu centro ocupacional e do seu centro de día.
O rexedor explicou que “hoxe pola mañá estivo en Burela o alcalde do municipio asturiano de Valdés, José Modesto Vallejo, acompañado da directora dun centro ocupacional para persoas discapacitadas similar ao que temos en Burela. Viñeron para coñecer precisamente a experiencia que se esta levando a cabo desde a fundación Eu Son, tanto no que se refire ao centro de formación ocupacional para discapacitados como ao centro de día”.
González Barcia contou que “a concelleira delegada de Servizos Sociais, Diana Durán, e máis eu explicámoslles cal fora o proceso polo se chegara á creación dunha fundación para levar a cabo unha actividade que o Concello de Burela empezara no ano 96 de cara á atención ás persoas discapacitadas. Expuxémoslles polo miúdo cal é o contido da fundación, como está organizada, como funciona o seu padroado, cales son os obxectivos que ten. Logo despois aproveitaron para visitar, xa in situ, as instalacións do centro de discapacitados, coñecer de forma directa como se traballa nel e, ao mesmo tempo, extraer conclusións que poidan aplicarse ao traballo que están facendo eles en Luarca”.
Para Diana Durán e José Mª González Barcia tildaron a visita de altamente satisfactoria, “polo que nos comentaron, fóronse moi contentos polo que viron, polas experiencias que hoxe tiveron aquí, en Burela, e para nosoutros evidentemente é unha satisfacción, como non podía ser doutra maneira, que o traballo que se está facendo desde a fundación Eu Son, desde o centro de formación ocupacional para discapacitados e desde o propio centro de día que se acaba de poñer en marcha hai un mes, sexa un referente para outros concellos incluso de fóra da nosa comunidade autónoma como é o caso de Valdés”.
O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais amosáronse satisfeitos “porque vemos que o traballo que facemos está baseado na seriedade e no rigor. E non é que o digamos nosoutros é que hai persoas que veñen a aprender desta experiencia e que así o valoran”.
José Mª González Barcia aproveitou para felicitar ao persoal da fundación Eu Son e do centro de discapacitados, “porque sen dúbida ningunha eu creo que esta visita igual que aos responsables políticos nos enche de satisfacción maior aínda ten que ser a satisfacción que senten eles como profesionais cando ven que o seu traballo é valorado e tido en conta por outras administracións, por outros entes, que a través desa valoración intentan aplicar o que nosoutros estamos facendo precisamente aos seus centros e as súas propias experiencias”. O rexedor burelés considera que “isto serve tamén de maior acicate, si cabe, á hora de continuar traballando e pelexando para que o servizo que nosoutros prestamos sexa o mellor, aínda que somos conscientes de que queda moito camiño por andar. Pero o camiño andado tamén é importante, como mostra efectivamente esta visita que hoxe nos fixeron, que referenda o traballo feito ata a data”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



