RESULTADO: LASALLE SANTIAGO 61, LOURENZÁ ENSINO 70.
Anotadoras: Andrea Meilán(12), Nerea Fdez(2), Tamara Montero(10), Sabela Uriz(8), Marly Varela(6), Marta García(2), Marta Lema(10), Rocío Varela(20), Andrea Viador(-), Lorena López(-).
Parciais por cuartos:
23-16/11-16/13-14/14-24.
Tfno. Adestrador. Juan Nécega: 649.11.25.00
Todos os resultados:
| ARXIL MAFARI CAFE – PORRIÑO BTO BASE CANTEIRAS GRUPO PESCANOVA | 64-56 | 04/11/2012 | 12:00 |
| UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE – PLEXUS-CLUNY | 65-33 | 03/11/2012 | 16:00 |
| LA SALLE – E.D. LOURENZA ENSINO | 61-70 | 04/11/2012 | 19:00 |
| C. PIO XII-FEDESA – UNIVERSITARIO DE FERROL | 27-56 | 04/11/2012 | 19:00 |
| COMPAÑÍA DE MARÍA – MARISTAS CUBICAJE | 54-41 | 04/11/2012 | 17:00 |
| Clasificación Jornada |
| Equipo | P.J. | P.G. | P.P. | P.F. | P.C. | PTO. | R. | ||
| 1 | UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE | 3 | 2 | 1 | 186 | 132 | 5 | +1 | |
| 2 | COMPAÑÍA DE MARÍA | 3 | 2 | 1 | 163 | 118 | 5 | +1 | |
| 3 | ARXIL MAFARI CAFE | 3 | 2 | 1 | 167 | 157 | 5 | +2 | |
| 4 | LA SALLE | 3 | 2 | 1 | 169 | 168 | 5 | -1 | |
| 5 | PORRIÑO BTO BASE CANTEIRAS GRUPO PESCANOVA | 3 | 2 | 1 | 202 | 203 | 5 | -1 | |
| 6 | MARISTAS CUBICAJE | 3 | 1 | 2 | 158 | 149 | 4 | -1 | |
| 7 | PLEXUS-CLUNY | 3 | 1 | 2 | 139 | 168 | 4 | -2 | |
| 8 | UNIVERSITARIO DE FERROL | 2 | 1 | 1 | 110 | 88 | 3 | +1 | |
| 9 | CALASANCIAS | 2 | 1 | 1 | 150 | 147 | 3 | +1 | |
| 10 | E.D. LOURENZA ENSINO | 2 | 1 | 1 | 106 | 125 | 3 | +1 | |
| 11 | C. PIO XII-FEDESA | 3 | 0 | 3 | 96 | 191 | 3 | -3 |
| Próxima Jornada 4 11/11/2012 |
| MARISTAS CUBICAJE – ARXIL MAFARI CAFE | – | 11/11/2012 | 19:00 |
| UNIVERSITARIO DE FERROL – COMPAÑÍA DE MARÍA | – | 11/11/2012 | 17:00 |
| E.D. LOURENZA ENSINO – C. PIO XII-FEDESA | – | 11/11/2012 | 12:00 |
| CALASANCIAS – LA SALLE | – | 11/11/2012 | 19:00 |
| PORRIÑO BTO BASE CANTEIRAS GRUPO PESCANOVA – UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE | – | 10/11/2012 | 18:00 |







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
