MULLERES MAIORES DE 80 ANOS QUE VIVEN SOAS, PERFIL DOS USUARIOS DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA CUXA CONTINUIDADE PON EN PERIGO O MINISTERIO DE SANIDADE, SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE
O vicepresidente da Deputación asegura que se este servizo chega a desaparecer máis de 1.500 maiores lucenses quedarían totalmente desprotexidos
Lugo, 26 de novembro de 2012. O pleno da Deputación debaterá mañá unha moción presentada polo grupo de Goberno na que se insta ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a rectificar a súa decisión de retirar os fondos que, a través do IMSERSO, dedicaba ao cofinanciamento do servizo de Teleasistencia Domiciliaria, e no caso de que o Executivo central insista na súa postura, instar á Xunta de Galiza a habilitar unha partida orzamentaria que garanta a continuidade de dito servizo.
So na provincia de Lugo, o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, cofinanciado pola Deputación nun 35 por cento, dá servizo a máis de 1.500 usuarios e usuarias que reciben atención continuada todos os días do ano. Segundo o vicepresidente e delegado de Benestar Social da institución provincial, Antonio Veiga, a decisión do Ministerio que dirixe a popular Ana Mato, “pon en perigo a atención a un grupo social cunhas características moi determinadas e que precisa dun coidado especial. A maior parte dos usuarios e usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria son mulleres, concretamente 1.269 das cales 939 viven soas e das que 815 son viúvas, e que na súa maioría superan os 80 anos. Trátase de persoas fráxiles que grazas á Teleasistencia Domiciliaria poden seguir vivindo no seu fogar, cos beneficios recoñecidos que iso supón e coa tranquilidade que lles proporciona que serán auxiliados ante calquera circunstancia adversa”.
Este programa está dirixido a persoas non dependentes, polo que de chegar a producirse a súa supresión quedarían “totalmente desprotexidos ao estar excluídos da Lei de Dependencia que tamén o Partido Popular está desmantelando”.
Dende a Área de Benestar insístese en que “máis alá das valoracións positivas realizadas polos usuarios es usuarias, os datos do propio programa avalan a importancia da súa continuidade”. Durante o ano 2011 a Teleasistencia Domiciliaria resolveu 780 emerxencias socio-sanitarias; a central de control recibiu un total de 34.298 chamadas e emitiu máis de 63.000 para comprobar o estado dos usuarios ou usuarias.
“Se o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade non está disposto a cambiar a súa posición sobre este tema, esperamos que a Xunta de Galiza se faga cargo do 65 por cento do custe do servizo, porcentaxe que o Goberno do Estado se nega a aportar. Esperamos que o Partido Popular rectifique e tome a decisión de non por en risco un servizo imprescindíbel para moitos maiores e que en ningún caso a solución que se adopte supoña unha carga económica sobre usuarios e usuarias”. – conclúe Veiga.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



