O PP burelés apoia a política económica do Goberno Municipal.
“Os socialistas din unha cousa e os seus comportamentos din o contrario”, afirman os populares.
Os populares acusan ó PSOE de “hipotecar de novo Burela; xa o fixeron en Cervo”.
Burela, a 10 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Burela, ante a última nota de prensa feita pública polo PSOE, quere deixar claro que “os socialistas, e menos os de Burela, non poden dar leccións de nada, acostumados como están a considerar o de todos como patrimonio particular, e a ser tan cínicos e hipócritas que din unha cousa e o seu comportamento persoal e público di o contrario”.
O PP de Burela “apoia as medidas adoptadas polo goberno municipal, porque actualizar as taxas e os prezos públicos é un exercicio de responsabilidade que aplican os propios alcaldes socialistas onde gobernan, como é o caso de Viveiro, se non se quere perder servicios e mesmo tamén postos de traballo nos concellos”.
“De feito, o bipartito burelés actualizou as taxas durante o seu mandato, en 2009 nada menos que un 4’5%, chegando a subir os vados nun 50%, a ocupación de espacio público con materiais de obra con outro 50%, ou as terrazas na mesma porcentaxe”, indican os populares bureleses. Para os populares, esto “evidencia que non son creibles”.
Para o PP de Burela, “o PSOE é o partido dos pufos: cando Burela se segregou, tivo que facer fronte á débeda herdada dos socialistas de Cervo, que ainda estamos pagando; e cando o PP chega hai ano e medio ó goberno municipal tén que pedir un crédito de un millón cen mil euros para pagar as facturas que deixaron nos caixóns, para pagar os pufos que deixaron, polo que o PSOE volve a hipotecar a este concello durante outros dez anos máis porque haberá que pagar douscentos dez mil euros por ano, anque deberían pagalos eles soliños por seren quenes nos meteron nesta situación”.
Pero é que ademais, segundo o PP burelés, “se queren dar exemplo, poden empezar por eles mesmos, renunciando ás prevendas sindicais, ou rebaixando o número de dedicacións exclusivas que hai na Deputación. E non fan nin unha cousa nin a outra. Por exemplo, na Deputación de Lugo, oito de once deputados provinciais socialistas cobra dedicación exclusiva a razón de 50.500’00€ anuais, e non renuncian a nada”.
Polo tanto, “dos cínicos, dos hipócritas e dos que deixan pufos pouco ou nada podemos aprender. Sólo poderíamos aprender a usar o de todos para beneficio propio. Outros estamos aplicando os principios de non gastar máis do que se tén e a pagar o que outros deixaron a deber”.
Por último, afirman desde o PP burelés, “canto máis tempo siga así o PSOE, mellor para o PP, porque cada vez serán máis evidentes as súas contradiccións entre o que fan e o que din e cada vez será máis evidente a súa falla absoluta de alternativa. Quen non é capaz de facer autocrítica e recoñecer o que fixo mal, perxudicando ós cidadáns, logo atópase cos resultados electorais cos que se atopa. Alá eles”.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



